Nota de prensa:
AXENDA PARA ESTA SEMANA
COAS TÚAS MANS
Obradoiros para nenas e nenos na praza de abastos. Días 26 e 28 ás 17.00 h
CURSO NA CASA DA MOCIDADE
Entre 11 e 16 anos. De 16.30 a 18.30 h
*Inscricións no Telecentro e no teléfono 982 120 732
Do 27 ao 30 INICIÁMONOS NO CÓMIC
Traede o estoxo do colexio co cartabón, a regra, un cartafol para gardar os traballos, bolis, lapis, portaminas e gomas de borrar.
Profesor: Héctor Peña.
Se tes entre 7 e 13 anos podes acudir ás actividades deportivas (baloncesto, balonmán, patinaxe, tenis de mesa,fútbol sala) que se van desenvolver no pavillón e no CEIP Gregorio Sanz. De 11.30 a 13.30 h do 26 ao 30 de decembro.
ARTESTUDIO
presenta a obra de teatro
VALADOS
Baseada na obra de Agustín Fernández Paz
O día 27 no Hernán Naval
Entradas: 2 €
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE EVA MOREDA
A Veiga é como un tempo distinto.Na libraría Casa das Letras o día 27 ás 20.30 h.Organiza: A.C. Francisco Lanza
Proxección de CONTO DE NADAL, unha película de Robert Zemeckis baseada na obra de Dickens.
O día 29 ás 16.30 h no Teatro.
Organiza o cca de Ribadeo
O APALPADOR BAIXA DOS MONTES ORIENTAIS DO NOSO PAÍS E VÉN VER POR VEZ PRIMEIRA OS NENOS E NENAS DE RIBADEO
VAI ANDAR POLAS CATRO RÚAS E O PARQUE O DÍA 30, VENRES, UN POUCO POLA MAÑÁ E OUTRO POUCO POLA TARDE
(de 12.00 a 13.30 h e de 16.30 a 18.00 h)
Este apalpador ten barba abondosa e natural, mais ben forestal, frondosa, real, non mentireira.
Este apalpador recolle as historias que escoita nas xentes de Doncos, da Feira da Castaña de Seoane do Caurel, nas escolas de Vilariño de Conso e Manzaneda (onde lle chaman Pandigueiro), gárdaas nun cestiño e espállaas polas ruas das vilas e cidades. Son historias de bosques, fadas, mesmo de xoguetes feitos de madeira que collen vida e buscan cantar e contar para que a xente aprenda a amar os bosques e a imaxinación que reside neles.
O apalpador promove tamén a comida sa e os abrazos as árbores.
AQUÍ COMO EN VIENA…o concerto de fin de ano da BANDA MUNICIPAL DE RIBADEO vai ser no auditorio o día 30 ás 21.00 h
.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo
deséxavos o mellor para o novo ano.






















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.