Nota de prensa
O CERTAME DE POESÍA PROMOVIDO POLA BIBLIOTECA NODAL DE LUGO RECOÑECE OS TRABALLOS DE ESCOLARES DE NOVE CENTROS DA PROVINCIA
Os premiados, seleccionados entre os traballos presentados en 22 bibliotecas municipais e na propia Biblioteca Nodal, dependente da Consellería de Cultura e Educación, recibirán os seus galardóns e senllos lotes de libros nun acto que se levará a cabo o vindeiro día 15
Lugo, 13 de febreiro de 2012.- A Biblioteca Provincial Nodal, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deu a coñecer os nomes dos gañadores do Certame Provincial de Poesía Infantil Nadal 2011, convocado por esta institución e no que participaron traballos seleccionados entre os presentados en 22 bibliotecas públicas municipais, así como a propia institución promotora.
A decisión do xurado deparou o recoñecemento para rapaces vencellados a bibliotecas de nove concellos da provincia de Lugo. En concreto, aos centros bibliográficos de Ribadeo, Foz, Antas de Ulla, Lugo, Burela, A Fonsagrada, Lourenzá, Barreiros e Sober.
O xurado, que estivo presidido por José Carlos Rodríguez Andina, responsable da Área de Cultura da Delegación Territorial de Lugo, formando parte como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial Nodal; Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e actuando como secretario Xulio Giz Ramil, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coincidiu en sinalar a alta calidade das creacións presentadas a concurso. O fallo do devandito xurado recoñece específicamente os traballos dos seguintes rapaces:
Categoría A (Ata 8 anos)
Saray López Coto, 8 anos. Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo
Sonia González Cuesta, 7 anos. Biblioteca de Foz
Matías Prieto Cabaleiro, 7 anos. Biblioteca de Foz
Accésits:
Uxía Pacín García, 8 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Jorge Estraviz Cerdeira, 8 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Categoría B (9 a 11 anos)
Alejandra López Peña, 9 anos. Biblioteca de Ribadeo
Saleta Martínez Tella, 9 anos. Biblioteca de Ribadeo
Iago Montero Gradaílle, 9 anos. Biblioteca de Burela
Accésits:
Laura Fernández Alonso, 10 anos. Biblioteca da Fonsagrada
Adrián Estraviz Cerdeira, 11 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Categoría C (12 a 16 anos)
Maria Elena López González, 16 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Codés Lillo Irimia, 14 anos. Biblioteca de Lourenzá
Ángela Torviso Fernández, 15 anos. Biblioteca de Ribadeo
Accésits:
Elisa Vilaseca Esaverdeiro, 13 anos. Biblioteca de Barreiros
Ánxela Jorge Vidal, 12 anos. Biblioteca de Sober
Os premiados recibirán cadansúa estatuíña dos Nenos lectores de Sargadelos, diploma e lote de publicacións, mentres que os accésits, concedidos en razón da calidade e cantidade dos traballos presentados a concurso, serán recoñecidos con diploma e lotes de publicacións. O acto de entrega de premios desenvolverase no salón de actos da Biblioteca Provincial Nodal de Lugo o vindeiro día 15, a partir das 18.00 horas.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



