Nota de prensa
O CONCELLO RECOLLEU 62.420 KILOS DE VIDRO DURANTE O ANO 2011, SEGUNDO GÓMEZ PUENTE. A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE IMPLANTA DESDE HAI SEMANAS O SERVIZO DE RECOLLIDA A DOMICILIO.
Barreiros, 17 de febreiro de 2012. O Concello de Barreiros recolleu 62.420 kilos de vidro durante o ano 2011. Os datos déunos a coñecer esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
O edil popular explicou que “durante todo o ano pasado recollemos 62.420 kilogramos de vidro nos 25 iglús que temos repartidos por todo o concello”. Gómez Puente dixo que “somos moi conscientes de que hai que concienciar aos veciños de Barreiros da importancia da reciclaxe e por iso hai un mes poñemos en funcionamiento un novo servizo de recollida de vidrio a domicilio que facemos co camión municipal. Este servizo é para os veciños que non poden levar o vidrio ao contedor ou que non teñan os contedores cerca das súas casas. Hai moita xente maior que ten dificultades para desprazarse e por eso decidimos poñer en marcha esta novo servizo hai unhas semanas”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “os demáis veciños deben seguir reciclando coma sempre. A recollida a domicilio faise en sacos que poden solicitar no telefono do Concello 982 12 40 02 e unha vez que o teñan cheo, pasamos a recollérllelos e entregamos outros sacos para a seu rellenado”. Gómez Puente sinalou que “estes días estamos vendo o resultado da implantación do servizo, e estamos recibindo chamadas para a recollida dos sacos cheos de vidro, tal e como se pode ver na foto que adxuntamos da primeira recollida”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



