Nota de prensa
A VINDEIRA SEMANA DARÁ COMEZO A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE SEPARACIÓN DA MARINA SECA DOS PANTALÁNS QUE HAI NESA ZONA DO PORTO DEPORTIVO, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR MARIO COTO.
![]()
Ribadeo, 17 de febreiro de 2012. A vindeira semana dará comezo a segunda fase das obras de separación da marina seca dos pantaláns que hai nesa zona do porto deportivo.
O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, sinalou que “a próxima semana empezará o peche interior da marina seca para dar acceso independente aos pantaláns 10, 11, 12 e 13. Así sepárase a zona de traballo da marina seca para que a xente non ande pasando polo medio”. Coto engadiu que “ésta era a fase que quedou pendente por falla de presuposto no seu día. Agora Portos xa a adxudicou e váise facer”.
A xunta directiva do CNR lembra o traballo realizado na zona da marina seca ao longo destes últimos anos, “trasladóuse a grúa de 8 Tm, unha actuación á que xa estaba obrigada a anterior xunta directiva e que requeriu dunha importante inversión para proceder á reparación da mesma; reparación de travelift, reposición de rodas e adecuación á lexislación mediantes as inspeccións pertinentes; instalación dun separador de augas hidrocarburadas e dun punto limpo; aprobación do regulamento de uso da marina seca e control documental das operacións que alí se fan; construcción dunha pasarela de madeira para independizala da zona de traballo e agora remataráse a segunda fase deste proxecto; e adquisición dunha máquina de aspiración de sentinas, homologada para augas hidrocarburadas e augas negras, segundo a lexislación vixente do convenio MARPOL”. Desde a xunta directiva engaden que “todo esto unido á medida de que os socios teñan catro movimentos gratis de izado ou botadura das súas embarcacións… serviu para mellorar a calidade do servizo, para cumprir coa lexislación vixente e para minorar os custes para os socios, sobre todo para os usuarios de travelift para os que supuxo unha rebaixa de 300 a 600 euros ao ano”.
Mario Coto subliñou que “nós seguiremos traballando por e para todos os socios, tanto para os que teñen embarcación como para os que non a teñen”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
