Este mediodía declarouse un incendio no baixo dunha casa en Palmeira na parroquia ribadense de Ove. Ata o lugar dos feitos se desprazaron efectivos de Protección Civil co camión de extinción de incendios do Concello de Ribadeo, bombeiros do parque comarcal de Barreiros, a Garda Civil e concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. No incidente non houbo que lamentar desgracias persoais.
