Nota de prensa
Cervo entrega máis de 2.000 euros en axudas ao transporte para os alumnos que estudan fóra do municipio
-Un total de 15 alumnos cervenses son os beneficiarios desta última convocatoria
-Cada estudante recibe 150 euros como complemento para os gastos de transporte
-O alcalde e a edil de Educación entregaron os cheques aos alumnos receptores destas axudas
Cervo, 20 de febreiro de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, fixeron entrega este mediodía dos cheques correspondentes ás axudas municipais ao transporte escolar dirixidas a alumnos cervenses que cursan ensinanzas postobrigatorias ou superiores fóra do termo municipal e que non están entre a oferta educativa do municipio. Unhas subvencións que consisten nun pagamento de 150 euros por estudante e das que nesta última convocatoria, do curso 2010-2011, se beneficiaron 15 alumnos cervenses. Deles, 9 cursaron estudos universitarios, sobre todo nos campus de Santiago e A Coruña pero tamén de Oviedo e Valencia, mentres os 6 restantes cursaron estudos secundarios postobrigatorios en institutos da comarca así como da localidade coruñesa de Culleredo.
Hai que lembrar que poden optar a estas axudas ao transporte os alumnos que cursen ensinanzas que non se podan estudar en Cervo, sempre que se trate de centros públicos de ámbito estatal. En concreto, incluíanse na última convocatoria ensinanzas de educación postobrigatoria e educación superior como son o Bacharelato na modalidade de artes, Formación Profesional de grao medio e superior, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio e superior, ensinanzas deportivas de grao medio e superior, ensinanzas universitarias, artísticas superiores ou impartidas en conservatorios de música.
Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello de Cervo dispón desta liña de subvencións municipais de apoio ao ensino e á educación dos cervenses. “Trátase dunha axuda complementaria que ten o obxectivo de apoiar ás familias e aos seus fillos nunha tarefa tan importante como é a educación. Non queremos que as distancias físicas sexan un impedimento para a formación de ningún veciño” explica a edil, Yolanda Pedreira. O rexedor, Alfonso Villares adianta que as axudas correspondentes ao curso 2011-2012 convocaranse no mes de setembro e anunciaranse de xeito oportuno. “Pretendemos continuar concedendo estas subvencións para a educación, un servizo que dende o goberno local consideramos imprescindible e estratéxico”, explica Villares. “Dende o Concello temos contempladas outras liñas de axudas no eido educativo, como as que entregamos hai unas semanas aos centros de infantil e primaria do municipio”, engade o rexedor.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



