Nota de prensa
Espazos protexidos baixo mínimos, lei de montes e crise na EA, entre outros temas da CERNA 66
boton_CERNA6620 de febreiro de 2012. O número 66 de CERNA acolle varios artigos sobre o estado de conservación dos espazos protexidos galegos que, pese ao amparo que as leis lles outorgan, están a sufrir na práctica un baleirado de control e vixianza por parte da Xunta. Un feito exemplificante a respeito do desinterese administrativo por preservar estes espazos foi a actuación da Xunta fronte os incesantes lumes forestais que no mes de outubro de 2011 arrasaron con 11.000 Ha na provincia de Ourense, analisada por ADEGA nun dos artigos deste número. Tamén a Sociedade Galega de Historia Natural critica através dun texto a permisividade do goberno ao respecto do uso de munición con chumbo nos humidais galegos.
Descarrega a [pdf] CERNA_66 (5.49 Mb) .
Iniciativas de reforma lexislativa como as da Lei de Montes ou a Lei de Caza, cuxos novos borradores abren a porta á desregulación ambiental nestes ámbitos, son tratadas tamén nas páxinas interiores de CERNA 66.
Así, fronte a rebaixa dos controis e garantes legais na preservación ambiental, as organizacións sociais asumen encabezar a misión de defender activamente o territorio a través da custodia. Neste número expóñense varios artigos sobre esta nova forma de participación cidadá na conservación dos valores ambientais e patrimoniais, tras a celebración do I Encontro Galego de Custodia do Territorio a finais de outubro. Outros artigos mostran como se pode tirar rendemento económico de xeito respectuoso co ambiente, por exemplo, coa produción de castañas e castiñeiros ou coa adquisición dun certificado forestal FSC para pequenos e medianos propietarios.
Mais irremediabelmente volve a crítica, coa denuncia da falta de apoio e a desatención que sufre actualmente a Educación Ambiental en Galiza, na que non se prevé ningún tipo de iniciativa ou promoción por parte da Administración autonómica, tras o recorte orzamentario.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



