Nota de prensa 1/2
O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN SALIENTA A XXI FESTA DO OURIZO DE SAN CIBRAO COMO ELEMENTO PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL ENOGASTRONÓMICO DA MARIÑA OCCIDENTAL
? Xesús Vázquez Abad abriu o programa de actos desta Festa de Interese Turístico
Cervo (Lugo), 10 de marzo de 2012.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a XXI Festa do Ourizo de San Cibrao (Cervo, Lugo), como “elemento para a promoción do patrimonio cultural enogastronómico da comarca”. Na súa intervención na clausura das XII Xornadas Técnicas sobre o ourizo, nas que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; e polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; Vázquez Abad gabou a traxectoria desta festa declarada de Interese Turístico Galego no ano 2008, e que chega hoxe á súa vixésimo primeira edición. “Máis de dúas décadas é tempo suficiente para ponderar a gran importancia que esta cita gastronómica ten para San Cibrao, para o concello de Cervo, para a Mariña occidental e, como non, para Galicia, como elemento dinamizador do turismo”.
Neste sentido o conselleiro destacou a beleza “desta terra máxica que é a Mariña occidental. Un territorio con numerosísimos atractivos naturais, patrimoniais e, por suposto, gastronómicos, digno de ser coñecido por todo o mundo”.
Ademais, Vázquez Abad felicitou aos organizadores da festa, que “só é posible grazas a un traballo conxunto entre o Concello, os profesionais da hostalaría,a confraría de pescadores e os axentes culturais locais. Parabéns a todas e a todos polo bo traballo conxunto a prol da promoción do ourizo e do progreso do voso concello”.
Programa de actividades
O programa de actividades cos que se realizará a exaltación deste froito do mar, e que comezou coa XII Xornada Técnica sobre o Ourizo, un encontro no que o xefe de coordinación da área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, Vicente Prieto, expuxo o Plan de rexeneración do ourizo na Mariña. Así mesmo, o subdirector xeral de Pesca e mercados da Pesca da devandita Consellería, Antonio Rodríguez, impartiu un relatorio arredor da valorización dos produtos da pesca.
A festa continuará co XI Concurso Gastronómico do Ourizo e cunha degustación de especialidades nos locais participantes, amenizado por pasarrúas e actuacións musicais.
Nota de prensa 2/2
RAQUEL ARIAS SUBLIÑA O ESFORZO REALIZADO POLO EXECUTIVO GALEGO NOS ÚLTIMOS TRES ANOS PARA RECUPERAR OS BANCOS DE OURIZO E BUSCAR O VALOR ENGADIDO NESTE PRODUTO
? A delegada territorial da Xunta foi a encargada de abrir hoxe as xornadas técnicas sobre este equinodermo, organizadas en San Cibrao con motivo da celebración da XXI Festa do Ourizo
San Cibrao (Cervo), 10 de marzo de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, fixo fincapé hoxe no esforzo realizado polo Executivo galego nos últimos tres anos para “a recuperación dos bancos marisqueiros de ourizo e no desenvolvemento de actuacións para buscar valor engadido na comercialización deste produto”.
Arias realizou estas declaracións na súa intervención de apertura das XII Xornadas Técnicas do Ourizo, que se desenvolven na localidade cervense de San Cibrao con motivo da festa de exaltación deste equinodermo.
Durante a súa intervención, Arias destacou a tradición mariñeira da vila de San Cibrao e que “o espírito desta festa concorda cos que promove esta Xunta na promoción do noso mar dos produtos pesqueiros, da economía mariñeira e mariscadora”.
A representante do Executivo galego dixo que o que se fai coas xornadas técnicas, ao igual que con boa parte das actividades que engloba a Festa do Ourizo, é “potenciar o consumo deste produto, os seus usos culinarios, o seu coñecemento e a integración da cadea mar-comercialización entre sector, hostalería e administración”.
Así mesmo, Arias considerou que estas xornadas técnicas supoñen “unha oportunidade magnífica” de ensalzar o dinamismo do sector pesqueiro galego “en dous ámbitos en puxanza, coma son o cultivo-extracción e o desenvolvemento dentro do ámbito comercial deste produto, que leva aparellado un importante compoñente gastronómico, polo seu sabor selecto e as súas características nutritivas”.
A festa do ourizo de San Cibrao, leva máis de dúas décadas difundindo as excelencias deste marisco, a difusión que se lle deu ó ourizo fixo que un recursos que ninguén recollía sexa agora unha importante fonte de ingresos para moitas familias. Na actualidade hai unha trintena de profesionais na costa mariñá que se adican a recolección do mesmo.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



