Nota de prensa
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE APOIO AO POBO SIRIO RECOLLENDO MEDICAMENTOS E MATERIAL DE CURAS AO LONGO DOS VINDEIROS DÍAS. OS INTERESADOS EN COLABORAR PODEN DEPOSITALOS NAS FARMACIAS DA VILA, NO CENTRO DE SAÚDE E TAMÉN NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS.
Ribadeo, 20 de marzo de 2012. O Concello colabora coa Asociación de Apoio ao Pobo Sirio recollendo medicamentos e material de curas ao longo dos vindeiros días. Os interesados en colaborar poden depositalos nas farmacias da vila, no centro de saúde e tamén no departamento de Servizos Sociais, ubicado no auditorio municipal Hernán Naval.
A concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González explicou que “se trata de apoiar unha campaña que organiza a Asociación de Apoio ao Pobo Sirio, que consiste nunha recollida de medicamentos. Poden ser antiinflamatorios, analxésicos, antibióticos, antidiabéticos e unha cousa moi importante e que fai moita falta que é material de curas. Estas medicinas podemos telas pola casa, aínda que estean empezadas podemos aproveitalas porque as necesidades son verdadeiramente apremiantes”.
A edil nacionalista dixo que “estes medicamentos e este material de curas pódense depositar nas farmacias de Ribadeo, no centro de saúde e tamén no departamento de Servizos Sociais do Concello, ubicado no auditorio municipal Hernán Naval”. González Piñeiroa engadiu que “a colaboración con esta campaña pode ser desde facilitar todo tipo de medicamentos, pero tamén facemos unha petición de axuda porque esta Asociación de Apoio ao Pobo Sirio ten a súa sede en Madrid, entón queremos ir recollendo e derivando ese material ata alí polo que si hai algunha persoa que teña posibilidade de colaborar para facer chegar alí eses medicamentos porque igual ten unha empresa de transportes, etc… sería moi importante. Conseguir axuda neste sentido é moi importante tamén”. Despois desde Madrid todo ese material será transportado a través das liñas aéreas xordanas, que xa o derivan para Siria desde onde se fará o reparto de toda a axuda humanitaria.
A concelleira de Saúde e Servizos Sociais indicou que “desde o Concello queremos facer unha chamada á sensibilidade, que sí sabemos que existe en Ribadeo, para colaborar con esta campaña que é moi necesaria”. A recollida de medicamentos durará varias semanas, “non hai unha data fixa marcada para o peche, pero uns días antes de rematar faremos unha chamada á poboación de novo”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



