Nota de prensa
A todos os membros da Corporación Municipal dos Grupos
BNG,PP,UPRI e PSOE. e
Sra. Interventora municipal.
NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao
Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os
que se indican:
PLENO
ORDINARIO
LUGAR: Casa do Concello.
DATA:
23 de marzo de 2012.
HORA: 20,00 horas.
O que notifico a Vé. de orde do referido Sr.Alcalde para que concurra á sesión e, no caso de non poder asistir, se excuse
xustificadamente coa anterioridade oportuna ante a Alcaldía, co fín de non incurrir nas sancións do art. 78 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Espero
da súa atención se sirva devolverme o duplicado da presente co seu recibín, para constancia.
Ribadeo, 19 de marzo de 2012..
O SECRETARIO ACCTAL.
Asdo./ FIDEL MAAÑÓN LÓPEZ.
ORDE DO DIA
1.- Aprobación se procede da acta da sesión anterior, ordinaria número 2012/01 de 16 de xaneiro de 2012.
2.-Expediente para aprobación inicial do Regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Ribadeo.
3.- Aprobación inicial de Convenio urbanístico entre o Concello de Ribadeo e varios titulares propietarios na rúa Pintor Fierros.
4.- Aprobación inicial de Convenio urbanístico entre o Concello de Ribadeo e varios propietarios na rúa Daniel Cortezón.
5. Aprobación inicial de Convenio urbanístico entre o Concello de Ribadeo e Construcciones Os Molineros S.L. na Avda. de Rosalía de Castro.
6.-Expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal. 2ª exposición pública.
7.-Dación de conta da relación certificada de obrigas pendentes de pago a 31.12.2011 de conformidade co Real Decreto Lei 4/2012, de 24 de
febrero, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiación para o pago
a proveedores das entidades locais.
8.-Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dacion de conta de
decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas.
Mocións:
1.Do Grupo Municipal Socialista sobre reducción de multas de tráfico.
2.Do Grupo Municipal Socialista sobre modificación de criterios das axudas dos Programas de Cooperación.
3.Do Grupo Municipal Socialista sobre declaración do Día de Rosalía de Castro e outras accións con este motivo.
4.Proposta do Grupo Municipal Popular de actuacións a incluir dentro do PEIM Rural.
5.Moción do Grupo Municipal Socialista sobre o Dia Internacional das Mulleres (8 de marzo).
6.Moción do BNG sobre dereitos das mulleres.
7.-Moción do BNG sobre apoio á iniciativa legislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza.
8.-Moción do BNG contra a privatización e suba de tarifas das escolas infantís pertencentes á Xunta de Galiza.
9.Moción do BNG para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro.
10.Moción do Grupo Municipal Popular sobre promoción do emprego e apoio á creación e consolidación de novas empresas no Concello de
Ribadeo





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



