Nota de prensa
O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E O DELEGADO DE CULTURA E TURISMO FARÁN FOLGA XERAL O 29 N
O grupo provincial do BNG chama á poboación lucense a apoiar a folga para demandar unhas políticas económicas que creen emprego
Mario Outeiro afirmou que “iremos á folga na defensa dos dereitos dos traballadores e para reclamar políticas económicas a favor das maiorías sociais e non dos poderes económicos”
Lugo, 22 de marzo de 2012. Esta mañá tanto o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, como o delegado de Cultura e Turismo e portavoz do grupo provincial do BNG na Deputación, Mario Outeiro, expresaron esta mañá o seu máis rotundo apoio á folga xeral do 29 – M convocada polos sindicatos maioritarios, e anunciaron que non acudirán polo tanto ao seu posto de traballo nin acudirán a ningún acto convocado para os seus cargos o vindeiro 29 de marzo.
Antonio Veiga afirmou que “todos os cargos institucionais que dependen desta Vicepresidencia apoiaremos esta folga e apoiarémola consecuentemente non realizando ningún acto institucional nin acudindo ao lugar de traballo. Entendemos que é lóxico que diante dunha reforma laboral como a que se aveciña pois esteamos en sintonía cos traballadores e coas traballadoras do país, a maioría social, que o 29 de marzo facendo uso dun dereito constitucional como é o dereito á folga, mostrará o seu descontento con esta reforma laboral”.
Pola súa banda, Mario Outeiro, expresou que “como delegado de Cultura e Turismo e tamén como portavoz do grupo provincial do BNG quero manifestar que tanto o vicepresidente coma min imos secundar a folga do día 29 porque desde o Bloque Nacionalista Galego cremos que a reforma laboral non é un instrumento válido para reducir o verdadeiro problema da xente hoxe, o paro, xa que como o propio Goberno vén afirmando, esas medidas non contribuirán de xeito directo a xerar emprego nin a mellorar a estabilidade laboral das persoas que na actualidade ocupan postos de traballo en precarias condicións. Confírmase así, que o verdadeiro programa de Goberno do PP é aplicar unha política económica ao servizo de quen máis teñen, en prexuízo das maiorías sociais cuxo sustento depende do seu traballo. Constátase que o verdadeiro propósito do Goberno actual consiste en empregar a crise económica como pretexto para atacar os dereitos dos traballadores e traballadoras, rebaixando as súas condicións laborais”.
Para Mario Outeiro, “a regulación laboral agora en vigor socava dereitos dos traballadores e traballadoras, actuando para iso sobre a rebaixa das indemnizacións por despedimento, a ampliación das facultades da empresa para ordenar modificacións discrecionais nas condicións de traballo e a devaluación da negociación laboral. O obxectivo último é a procura dunha maior precariedade e desregulación nas relacións laborais, que conduzan a unha redución real das rendas salariais, que xa viñan sufrindo un retroceso antes e, sobre todo, despois do estoupido da crise fronte ás rendas de capital”.
Por esta razón, segundo explicou o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e portavoz do grupo provincial do BNG, Mario Outeiro, “a reforma laboral imposta de xeito unilateral polo Goberno central terá un impacto negativo nas condicións de traballo e económicas das persoas traballadoras lucenses, que son a maior parte da nosa poboación e merecen dun respaldo institucional perante o ataque emprendido contra os seus dereitos, que forman parte das conquistas sociais atinxidas en beneficio das maiorías sociais”.
Por iso, reivindicou Mario Outeiro, “o noso grupo político e o cargos de goberno que do BNG dependen na Deputación expresamos o noso rexeitamento a esta reforma laboral que, lonxe de ser equilibrada como se afana en difundir -con afán de confundir- o Goberno central, en realidade mingua dereitos regulados en normas públicas que favorecían ás persoas traballadoras, para que fiquen a vontade das decisións empresariais e desposuídos de calquera capacidade de negociación e presión para mellorar as súas condicións socioeconómicas, fronte ao que consecuentemente apoiaremos a folga convocada para o vindeiro xoves 29 de marzo, á que animamos a acudir a todos aqueles traballadores e traballadoras, posto que van ver os seus dereitos esmagados”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



