Nota de prensa
TRINTA BARES E RESTAURANTES PARTICIPARÁN NA IX RUTA DAS TAPAS DE FOZ QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS. SERÁ OS DÍAS 6 E 7 DE ABRIL.
Foz, 23 de marzo de 2012. Todo está listo en Foz para a celebración da IX Ruta das Tapas que terá lugar os días 6 e 7 de abril en plena Semana Santa. Trinta son os locais que se darán cita nesta edición. Cada un ofrecerá dúas tapas á súa clientela.
Os que se acheguen a Foz a disfrutar da IX Ruta das Tapas poderán degustar as propostas dos hostaleiros a mediodía e tamén pola noite, será de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, José Carlos Paleo, agarda que “a Ruta das Tapas de Foz sexa un éxito, ao igual que xa o foi nas pasadas edicións. Pensamos que é unha iniciativa que xa está consolidada entre os hostaleiros, entre os nosos veciños e entre todos os que se achegan a Foz e a outros puntos da Mariña a pasar as vacacións de Semana Santa”. Paleo subliña “o traballo que se realiza desde os fogóns dos bares, mesóns e restaurantes e tamén a imaxinación e a creación dos cociñeiros e hostaleiros”. O prezo de cada tapa será de 1 euro.
Relación de participantes e tapas
A Maseira: pulpo A Maseira e delicias de pescado; A Bolera: el tesoro de las Mercedes e la cajita feliz; A Ribeira: delicias da Ribeira e caprichos; A Rula: brocheta de pulpo e gulas con gambas; A Rambla: salpicón de temporada e tosta de xarda; A Funcional: ensalada de garbanzos e albóndigas de bacalao; A Caracola: papa a la huancaína e mar das delicias; Anduriña: mestura de terra e mar con algas wuakame e caramelo de queixo de tetilla e cebola; O Chícaro: noite de San Juan e sorpresa O Chícaro; O Pelolo: mar Cantábrico e frutos da terriña; O Taco: cóctel de gambas e pulpo estilo Taco; O Náutico: plan vexetal e tixola marina; Xoyma: Ronaldo e Messi; Dandy: ragú con setas silvestres e angulas con crema queixo piquillo e gambas; Dallas: atadillo de pataca enmascarada con gamas e salpicón de marisco en dúas salsas; Express: pañuelo sorpresa e delicias de mar; Happy Days: crepe de mar e delicias Happy Days; May-Ross: montadiño May-Ross e ensalada fantasía; Leyton: sorpresas do Leyton; O Mar: callos de mar con chorizo de pulpo e concha de hojaldre de marisco; Costumes do Mar: raviolón relleno de marisco e empanadillas porteñas; Tangarte Mariñeiro: tosta de cabra e delicia do mariñeiro; A Soalta: brocheta de gambón e montadiños de bacalao con pementos do piquillo; O Tangarte: tosta anticrisis e delicias do mesón; O Norte: maravillas o mar e tartaleta O Norte; El Rincón de Anita: oliñas e conquista; Namarinos: brocheta de marisco e carrilleras en salsa Namarinos; Portovello: tupinete de allo e trinxat Portovello; O Lar: tosta de salón sobre espuma de tomate e volta de solomillo ibérico sobre reducción de viño de Amandi; e A Xoyña (pizzería): empanada de carne, carne e máis carne e unha boa tapa.
Ruta dos viños
En Foz tamén continúa estes días a I Ruta dos Viños, que comezaba a finais de febreiro e concluirá o vindeiro 1 de abril. ACIA Foz sorteará entre os clientes dos 35 locais participantes 1.200 euros en vales de compra para gastar nos establecemeentos asociados ao longo das vindeiras semanas. Entrarán no sorteo aqueles que consigan o selo de todos os bares que se dan cita na I Ruta dos Viños.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



