ALFONSO FUENTE RESPETA O DEREITO Á FOLGA QUE EXERCEU ONTE A OPOSICIÓN, PERO CONSIDERA QUE ELES TAMÉN DEBEN ENTENDER O DEREITO AO TRABALLO.
Barreiros, 30 de marzo de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, respeta o dereito á folga que exerceron onte os membros da oposición non asistindo ao pleno, pero considera que eles tamén deben entender o dereito ao traballo. Fuente Parga considera que a sesión era moi importante como para asistir a ela dado que se aprobaba o plan de axuste do Concello para os vindeiros dez anos e o convenio colectivo dos traballadores municipais.
O rexedor relataba que “no día de onte se celebrou o pleno extraordinario e urxente para proceder á aprobación do plan de axuste do Concello de Barreiros. A sesión foi convocada cando rematamos dito plan de axuste, que dado o prazo de tempo que nos daba o Estado foi moi axustado e tivemos que aproveitar ata o último día para convocar a sesión”.
Alfonso Fuente dixo que “eu respeto o dereito á folga que quixeron exercer os membros da oposición non asistindo ao pleno, pero tamén eles deben entender o dereito ao traballo dos que temos responsabilidades diante dos veciños, dos que temos que cumplir uns prazos para obter a través dun real decreto de pago a proveedores, que é o máis importante da era da democracia neste país… e había que cumplir ditos prazos porque hoxe ese plan de axuste tiña que estar aprobado e había que convocar o pleno”.
O alcalde barreirense insiste en que “eles deben respetar o dereito ao traballo e tamén debe prevalecer o dereito ao traballo por enriba do dereito á folga cando conflúen os dous como é neste caso. Estamos falando de que o pleno non celebrou ás 12 da mañá, hora para a que estaban previstas as manifestacións, e si o BNG convocou unha manifestación ás sete da tarde como o pleno era ás sete e media podían asistir si querían. O PSOE tampouco asistiu a esta sesión, a súa responsabilidade terán”.
Alfonso Fuente sinalou que “estamos aprobando un plan de axuste como están a facer todos os concellos deste país para axustar as contas, para cumplir coa lei de transparencia e para facer as cousas como hai que facelas depois dunha situación herdada de cómo quedou o país cos parados que hai e hai que facerlle frente a esta situación. O plan de axuste afectarálle ao Concello ata o ano 2022, debería ser responsabilidade da oposición asistir a este pleno. É verdade que despois do 2015 pode haber unha nova Corporación con outra formación política ao frente que estará condicionada por este plan de axuste e tamén a seguinte”.
O rexedor de Barreiros engadiu que “a parte do plan de axuste tamén se aprobaba o convenio colectivo dos traballadores do Concello de Barreiros e parece que a eles tampouco lles importa. Parece que cando falamos de reformas laborais aquí o que importa é ir coa pancarta manifestarse. Haberá que agardar para ver si esa reforma laboral disminúe os parados que hai neste país e despois haberá que facer as manifestacións si hai que facelas ou decir que funcionou si funciona”.
Para Fuente Parga “o BNG debera predicar co exemplo, bótaseme en cara que se convocou o pleno e que tiveron a información un día antes da celebración desa sesión e curiosamente un concello gobernado polo BNG nesta comarca, o de Mondoñedo, enviaba onte a última hora a documentación á oposición para o pleno que se celebra hoxe. A portavoz do PP preguntou por ese pleno o pasado mércores e ese alcalde non lle dixo nada de para cando estaba previsto. A veces hai que mirar cara dentro e predicar co exemplo. Poido entender que neste caso esteamos a falar do BNG, pero xa non sabemos si é Máis Galiza, Encontro Irmandiño… por eso ás veces poderán decir que non forman parte do BNG. Hai que mirar cara dentro antes de criticar”.
Remitido


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



