A portavoz popular, Elena Candia, transmite a Ence, en nome da mesa, a solicitude de reunión para ir acercando posturas e materializar a vontade de ofrecer Mondoñedo como ubicación da planta de biomasa
Candia agradece que a Comisión de Seguimento aceptara hoxe as propostas promovidas polo Partido Popular
A popular xunto co presidente do PP de Lugo e portavoz popular do Senado mantiveron xa varias xuntanzas con membros de Ence nas que lles propuxeron aos directivos a posibilidade de ubicar a planta nas instalacións de Finsa
Unha das liñas de traballo deseñadas polo PP para o fomento do emprego en Mondoñedo centrase no desenvolvemento sostible do sector forestal, e concretamente nas actividades de biomasa
Mondoñedo, 13 de abril de 2012- Trala segunda reunión da Comisión de Seguimento da situación económica da comarca, celebrada esta mañá e na que os membros da mesa aceptaron as propostas do Partido Popular; Elena Candia transmite a Ence, en nome desta mesa, unha solicitude de reunión para así acercar posturas e materializar a vontade de ofrecer Mondoñedo como ubicación da planta de biomasa. Así mesmo a portavoz provincial agradece a boa dispoñibilidade amosada hoxe pola mesa.
Coñecedora da fonte de recursos e do potencial que o sector forestal ten na comarca, a portavoz popular xunto co presidente do PP de Lugo e o portavoz do PP no Senado, Xosé Manuel Barreiro, mantiveron varias reunións, tanto con encargados de xestión da biomasa de Ence na zona, como con directivos da entidade en Madrid, nas que lles plantexaron a posibilidade de asentar nas instalacións de Finsa en Mondoñedo, unha planta de tratamento de biomasa.
A pretensión desta proposta, previamente estudada e exhaustivamente planificada pola popular, permitiría a rexeneración económica dunha comarca fortemente castigada pola crítica situación económica. Para lograr o fomento do emprego en Mondoñedo, onde o pasado mes de marzo pechou as súas portas a principal empresa da localidade, o Partido Popular de Mondoñedo deseñara tres liñas de actuación que se valoraron na mesa de traballo que constituíron os populares, con representantes mindonienses de diferentes sectores, para analizar as expectativas de futuro da localidade. Entre estas liñas, atopábase o estudo de enmarcar o fomento de emprego de Mondoñedo sobre o desenvolvemento do sector forestal e concretamente as actividades da biomasa. Así, o sábado 5 de maio, celebrarase a primeira reunión técnica sobre esta fonte de recursos.
Ence instalará tres plantas de biomasa en Galicia
Tal e como recollen os medios de comunicación, Ence presentou recentemente á Xunta de Galicia un plan no que se recolle a instalación de tres plantas de biomasa en Galicia que contemplarían 2.600 postos de traballo. A empresa valora a ubicación da terceira das plantas de 40 MW de potencia na Costa da Morte ou na Mariña, polo que a portavoz local traballa para que Mondoñedo sexa o sitio definitivo de ubicación da planta.
Remitido
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



