O CENIMA ten aberta a nova exposición colectiva. Dezaseis xoves artistas, seis deles mariñáns, xuntáronse para presentar unha proposta común baixo o título “Déixame FozArte”, exposición coa que queren facer unha chamada de atención sobre a necesidade que ten A Mariña dun espazo de difusión e creación artística como o CENIMA, que representa unha oportunidade para todos aqueles novos artistas que coma eles queren amosar as súas creacións e contribuír con isto a un rexurdimento cultural da comarca.
A exposición plantexa unha ollada crítica ó automatismo da sociedade actual tomando como referencia a un individuo cuxa vontade se ve asfixiada polo peso da maioría. Lonxe de constituír unha crítica baleira, reclaman a recuperación da identidade individual de cada un de nós fronte á anemia existencial na que está sumida a sociedade contemporánea.
Os artífices desta iniciativa son Liseth Arellano, Patricia Arellano, Cristina Basanta, Nerea Carpente, Andrea Chao, Manuel Hidalgo, Laura Molero, Martín Lestao, Iria Parga, Rocío Piñeiro, Sandra Prieto, Bea Puerta, Sabela R. Zamudio, Ana Sánchez, Covadonga Seijas e Pera, todos eles son estudantes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. As pezas que conforman a mostra son o resultado de diferentes disciplinas artísticas que van desde a pintura, a escultura, a fotografía analóxica e dixital, ata creación de instalacións ou a realización de performance.
Segundo eles mesmos din “a idea xeral da exposición é unha mirada introspectiva, unha reminiscencia e procura de información dentro dun mesmo. Un xogo de identidade, expresivo e provocador no cal a sociedade posúe un papel importante; marca un camiño, un comportamento, unha actitude, pretendendo a conformación dunha masa autómata que tan só mostra ó mundo o reflexo que recibe da mesma, creando así unha imaxe errónea de nós mesmos”.
Ó rachar cos estereotipos “créase unha reinterpretación do individuo, a expresividade dos sentimentos, emocións e recordos conta a gritos unha realidade, a creación de ambientes e atmósferas específicos forma unha nova realidade que xunto coa aparición de imaxes cotiás cambia o significado do reflexo interior de cada un”.
Ó obxectivo é incitar ó espectador a realizar ollada introspectiva, ver o que somos ou o que puidemos chegar a ser.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



