No que vai de ano, a Xunta soterrou no macrovertedoiro de SOGAMA máis de 42 millóns de €
7 de maio de 2012. A crise semella que non existe para os residuos. Da pregoada austeridade que a Xunta aplica a servizos e dereitos públicos queda fóra SOGAMA. A empresa leva chuchado no que vai de ano 61.636.644,46€ (sen IVE e sen contar salarios do persoal e directivos), dos cais 42.580.033€ (case o 70%) “investíronse” en manter o monstroso vertedoiro da Areosa. A máis recente inxección de cartos públicos, 38.074.033€, foi aprobada por Feijóo no último consello da Xunta para “xestionar” a primeira fase da ampliación do vertedoiro e contar con “espazo suficiente para procesar 1.260.000 toneladas de lixo”. Para ADEGA isto vén a refrendar novamente o fracaso do modelo SOGAMA baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de € e este ano leva camiño de bater o récord. Este é o “horizonte tranquilo e despexado” ao que se referíu Feijóo para vender esta medida. Consulta os contratos de SOGAMA nesta ligazón.
Esta nova ampliación, confirma tamén o éxito das mobilizacións contra a incineradora do Sur, prevista inicialmente no concello do Irixo, e que polo de agora parece ficar sine loci. Ante a práctica imposibilidade de executar esta instalación para o 2015, a Xunta continúa unha fuxida cara adiante irracional e insustentábel, hipertrofiando o macrovertedoiro para seguir acumulando lixo e de paso enriquecer ás eléctricas e baleirar as arcas públicas.
Como datos curiosos, sinalar que entre os contratos licitados esta ano por SOGAMA, figuran 432.000€ para “Servicio de jardinería y mantenimiento de zonas verdes del complejo medioabiental de Cerceda” (sic), así como outros 50.000€ para un “Servicio de programa de prevención de imputaciones delictivas” (sic) este último polo procedemento negociado sen publicidade. Terá isto último algo que ver co asunto das analíticas falsificadas para ocultar a contaminación do vertedoiro durante anos?
Ao igual que os 253 millóns gastados pola Xunta en 2011, Feijóo e Hernández poden argumentar que están a facer investimentos “de futuro” para garantir a capacidade de “tratamento” de SOGAMA. Esta por ver se ese “futuro” pasa tamén polo consello de administración dunha multinacional enerxética como aconteceu con Aznar (Endesa) e González (Gas Natural-Fenosa).





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



