MÁIS DE 200 PROFESIONAIS DO SECTOR DARANSE CITA EN BURELA OS DÍAS 8 E 9 DE XUÑO
BURELA ACOLLE EN XUÑO UNHAS XORNADAS FORMATIVAS PARA PROFESIONAIS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN Á INFANCIA
A Asociación Galega de Centros de Menores organiza o curso sobre “O traballo coa Familia nos centros de protección á infancia”, que se celebra na Casa de Cultura de Burela os próximos 8 e 9 de xuño.
A localidade de Burela acolle os días 8 e 9 de xuño o curso “O Traballo coa Familia nos Centros de Protección á Infancia”, que organiza AGACEME (Asociación Galega de Centros de Menores) en colaboración coa Universidade da Coruña e as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas de Burela.
A Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, inaugurará as xornadas o venres 8 de xuño ás 4 da tarde. Ao longo das dúas xornadas, o curso contará tamén coa participación de numerosos técnicos e profesionais de Galicia, Asturias, Castela e León, Cataluña e Portugal.
O curso presenta un completo programa de ponencias, mesas redondas e talleres prácticos, impartidos por profesionais do acollemento residencial, a protección á infancia, a intervención social, o labor psico-educativa e terapéutica ou as técnicas de comunicación aplicadas aos servizos sociais.
O venres 8 de xuño durante a cea oficial do curso celebrarase o acto de entrega da Certificación ISO 9001:2008 por parte da empresa Bureau Veritas a algúns dos principais centros de protección á infancia de Galicia, cuxos representantes tamén estarán presentes nestas xornadas.
Asimesmo neste acto estarán presentes a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; as Secretarias Xerais de Política Social e de Igualdade da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro Vázquez e Susana López Abella, respectivamente; e o Alcalde do Concello de Burela, José González Barcia.
Na páxina web www.agaceme.com ofrécese información máis detallada sobre o evento. O prazo de inscrición finaliza o próximo luns 28 de maio, se ben a organización amósase moi satisfeita coa participación, pois estima que asistirán máis de 200 profesionais do sector, chegados de distintas entidades de Galicia e do resto de España.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



