Información sobre os cursos de teatro que haberá este ano na Mariña a dentro das Accións formativas Buxiganga 2012. Este ano os cursos terán lugar en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.
CURSOS A MARIÑA
INTERPRETACIÓN
Manuel Lourenzo
7, 14, 21 e 28 de xullo (09.00 h-14.00 h)
Casa da Xuventude de Mondoñedo
20 prazas
20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)
Horas: 20 h
O CORPO NO ESPAZO é un curso intensivo de teatro que ten como obxectivo a preparación para unha creación teatral consciente e motivadora. Exercicios do corpo e da voz –sensibilización, ritmo, acción, interpretación– na procura da definición de teatro como fiel e constante metáfora da vida humana.
PONTE EN ESCENA
Comba Campoy
2, 7, 9, 14, 21, 23, 28 e 30 (20.30 h-23.00 h)
Cine Teatro de Ribadeo
20 prazas
20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)
Horas: 20 h
Este curso é unha invitación ao xogo. Xogar a ser outras persoas, a contar a través da recreación de situacións e emocións, a través dos nosos corpos, para comunicarllo a un público. Iso é o teatro, unha das formas máis antigas de xogo que coñecemos.
Ao longo das distintas sesións, aprenderemos a soltar os nosos corpos para preparalos para xogar, creando distintos personaxes e situacións. O corpo é a nosa ferramenta de traballo e polo tanto é fundamental unha posta a punto para poder sacarlle o máximo partido antes de enfrontarnos ao traballo cun texto teatral.
Prepararemos algunhas escenas breves da literatura dramática galega e universal. Desta maneira, iniciarémonos no traballo con textos para a preparación dun papel e a creación de personaxes, a comprensión das súas motivacións e os métodos máis eficaces para a memorización e dicción dos textos.
E como o teatro non existe sen un público, a presentación dunha mostra do traballo realizado durante o curso será a conclusión imprescindíbel para poñernos, definitivamente, en escena.
MONÓLOGOS
Carlos Blanco
29 e 30 de setembro (09.00 h-14.00 h / 16.00 h-21.00 h)
Teatro Pastor Díaz de Viveiro
20 prazas
20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)
Horas: 20 h
O xogo, o improviso, a esencia da stand up comedy… Encontro intensivo co humor e a creatividade, un tempo para xogar, desfrutar e aprender.
Dous días para tentar topar algunhas ferramentas que nos permitan enfrontarnos a un publico demandante de risos.
Como tentar dominar a ese animal indefinible denominado “o público
——————————–
FOLLA DE INSCRICIÓN NOS CURSOS FORMATIVOS INCLUÍDOS DENTRO DO PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA, PERTENCENTE Á ÁREA DE CULTURA E TURISMO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
ANO 2012
D./Dna……………………………………………………………………………………
DNI……………………………Teléfono………………………………………………..
Enderezo…………………………………………………………….CP………………..
Localidade……………………………Concello de……………………………………..
Provincia………………….Enderezo electrónico……………………………………………………..
□ Pertenzo a un grupo dentro de Buxiganga que é:………………………………………..
□ Pertenzo a un grupo que non está en Buxiganga que é: ……………………………….. □ Non pertenzo a ningún grupo
Marque cun x os cursos nos que desexa inscribirse
LUGO
Prácticas de cine □
Dramaturxia □
Cabaré □
Interpretación □
A MARIÑA
Interpretación (Mondoñedo) □
Ponte en escena (Ribadeo) □
Monólogos (Viveiro) □
ZONA SUR
Clown (Sarria) □
Ponte en escena (Monforte) □
Total a pagar……… €
Para ingresar na conta de NOVA-GALICIABANCO 2080-0163-85-3110000423
Sinatura do/a solicitante
En……………… ,…… de…………… 2012




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



