O ALCALDE E O PRESIDENTE DE FEVE FALARON EN MADRID SOBRE ASPECTOS VINCULADOS ÁS INSTALACIÓNS DA COMPAÑÍA EN BURELA. TAMÉN ANALIZARON A FRECUENCIA DOS TRENS.
Burela, 18 de xuño de 2012. O alcalde, José María González Barcia, mantivo esta mañá en Madrid un encontro do presidente de Feve, Marcelino Oreja Arburua ao que lle plantexou diversas cuestións de interés para Burela. O adecentamento da zona de dominio público de Feve nas inmediacións da estación, o arranxo de dúas barandillas que están bastante deterioradas e a retiradas duns postes de formigón que se instalaron hai máis de 40 anos e que agora están fora de servizo. Barcia tildou de positiva a xuntanza.
O rexedor dixo que “como se sabe tanto a estación como a vía do tren inciden de forma moi directa na xeografía de Burela porque parten ao pobo en dous, de forma literal. Tamén é certo que a incidencia socioeconómica tanto da estación como do tren é importante en Burela, porque últimamente é un servizo moi usado polos cidadáns, pero nós vemos que hai cousas que hai que mellorar, tendo en contra a situación de crise que estamos a vivir, pero son cuestións que inciden tanto na estética como na propia imaxe que se pode dar ao usuario”.
González Barcia entende que “en sí mesma a estación non presenta grandes problemas de limpeza, pero o que é a zona de tránsito da vía do tren sí. Preocúpanos que non se desbroce a menudo, tamén o estado de limpeza porque hai bolsas, cascos de botellas, envoltorios de papel e plástico, que aparecen tirados nesa zona de ámbito de protección de Feve por onde pasa a vía do tren. Nós o que lle pedimos é que se faga un esforzo para manter a imaxe nuns términos válidos e aceptables e que o fagan o antes posible”.
O equipo de goberno tamén está preocupado polo estado de dúas barandillas, unha delas ubicada na ponte dos Castros e outra na ponte vella da Marosa. “Queremos que se arranxen canto antes debido ao seu deterioro, o presidente de Feve entende que isto é algo que hai que abordar ao igual que a retirada de postes de formigón que levan no recinto da estación instalados uns 45 anos e que agora están fora de servizo”, explicou o alcalde de Burela. José María González Barcia sinalou que “nós sabedores de que a situación é a que é dixemos que non imos poñer cartos para levar adiante esas actuacións, pero sí estamos dispostos a colaborar con material e con persoal para botarlle unha man a Feve e proceder á retirada deses postes”.
Co presidente de Feve tamén abordou outras cuestións sobre as frecuencias dos trens, “falamos das paradas que os trens fan en Burela, e que agora están a ser estudiadas polos propios directivos desta empresa, que podería sofrir unha reordenación importante nos vindeiros meses. O que sí é certo é que hai o convencemento por parte do presidente de Feve de que a estación de Burela é unha das punteiras e que precisa dunha atención específica por parte desta empresa. Eu penso que Feve vai actuar en Burela, é a miña impresión despois de falar con Marcelino Oreja. Demostrou estar ao tanto da situación na que se atopan as instalacións da compañía no noso concello. Él fará o posible para que aquelas cuestións que lle pedimos e que non teñen unha grande trascendencia económica se poidan levar adiante”.
O alcalde burelés tamé aludiu “a aquel proxecto que algúns barallamos no seu día para comezar a soterrar a vía do tren e que hoxe hai que aparcar. Máis que un proxecto é unha idea que está aí, pero nos tempos que corren é prácticamente imposible levala á práctica porque supón un custe millonario e a situación non o permite. A idea está aí e é bó pensar que cando comencemos a saír da crise ese tema poida ir cara adiante”.
González Barcia aproveitou a viaxe privada que realizou estes días a Madrid para entrevistarse co presidente de Feve. A valoración que fai deste encontro é moi positiva.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



