BARREIROS RECIBE A TRAVÉS DO PEIM ARREDOR DE 61.000 EUROS PARA A REPARACIÓN DE VARIOS VIAIS MUNICIPAIS. ALFONSO FUENTE REIVINDICA QUE A DEPUTACIÓN DE LUGO TAMÉN MELLORE AS ESTRADAS DA SÚA TITULARIDADE, XA QUE SE ATOPAN NUN ESTADO PENOSO.
Barreiros, 20 de xuño de 2012. O Concello recibe a través do PEIM de 2012 arredor de 61.000 euros para a reparación de varios viais municipais en Benquerencia e na Rilleira, entre outros. O alcalde, Alfonso Fuente, reivindica que a Deputación de Lugo repare tamén e mellore as estradas que son da súa titularidade e que se atopan nun estado penoso.
O rexedor contou que “asinamos en Lugo o convenio para desenvolver o PEIM 2012 coa conselleira de Medio Rural e Mariño. A Xunta apórtanos a través deste convenio 61.000 euros para a reparación de varios viais no noso concello. Algúns son en Benquerencia, outros na Rilleira e logo hai distintas reparacións pendentes que executaremos con cargo a esta partida”.
Para Fuente Parga “éste é un convenio importante que se ven asinando ano tras ano coa Consellería e que posibilita que se vaian reparando os viais de titularidade municipal”.
O alcalde de Barreiros aproveitou para reivindicar que se reparen e se melloren os viais da Deputación Provincial, “están nun estado penoso, desde hai anos non se inviste nada neles e tamén me gustaría que ao igual que a Xunta nos da estes cartos para arranxar os viais municipais que a Deputación se comprometa a reparar os viais que son da súa titularidade, co obxectivo de ir mellorando toda a rede viaria de Barreiros. Xa non falamos de abrir novos falamos de abrir novos viais e novas estradas senón de manter en boas condicións os que temos. E creo que todos nos debemos comprometer a esto”.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



