45 rapaces inician en xullo os obradoiros gratuítos do CENTRAD
– Son os primeiros participantes de entre 5 a 16 anos nesta iniciativa da Deputación que inclúe cursos de monicreques, pintura, cestaría de reciclaxe, xoiería de arxila, coiro e graffiti
– En total, 90 mozos formaranse nas técnicas máis novidosas da tradición artesanal durante este mes e o vindeiro cos estas xornadas que contribúen a conciliar a vida familiar e laboral
45 rapaces de entre 5 a 16 anos inician este mes os obradoiros que, de xeito gratuíto, lles ofrece o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Trátanse de cursos sobre coiro, cestería de reciclaxe, monicreques –os que se están a celebrar esta semana-, xoiería de arxila, pintura e graffiti –que terán lugar entre ós días 9 e 13 de xullo-.
Son os primeiros participantes desta iniciativa que impulsa a institución provincial co fin de achegar a tradición artesanal ós máis novos, amosándolles técnicas novidosas para buscar o máximo atractivo, e de conciliar a vida laboral e familiar. E é que estes cursos realízanse durante as vacacións de verán, ó igual que en ocasións anteriores tiveron lugar en Semana Santa e no Nadal. En todas as súas convocatorias o éxito foi rotundo, enchendo a cota de prazas disponibles en poucos días. Neste caso, foron un total de 90 os rapaces inscritos. Os restantes 45 mozos participarán nestes obradoiros durante o mes de agosto. Concretamente, farano en dúas quendas: do 20 ó 24 e do 27 ó 31 agosto.
As instalacións do Centro de Artesanía e Deseño, situadas na travesía da rúa Chantada da capital luguesa, acollerá ó longo destes dous meses 12 cursos didácticos e adaptados ás idades dos participantes:
– obradoiros de monicreques ou pintura para nenos de 5 a 10 anos. No primeiro do casos, poderán confeccionar bonecos, títeres ou outros obxectos como espellos con materiais de refugallo. No segundo, aprenderán diferentes técnicas de pintura para traballar nas súas pequenas obras de arte de xeito individual ou colectivo.
– obradoiros de xoiería e cestaría de reciclaxe para nenos de 8 a 14. Farán prendedores, colgantes ou chaveiros en arxila, que moldearán e pintarán eles mesmos. Con papel de periódico, roupa vella ou bolsas de plástico poderán confeccionar cestos e tapices.
– obradoiros de grafitti e coiro para os rapaces de 12 a 16 anos que, por primeira vez, se incorporan á programación do CENTRAD. Terán a oportunidade de descubrir as súas habilidades coa pintura de spray para deixar a súa pegada en paneles de DM. Crearán as súas propias pulseiras ou carteiras de coiro.



















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



