RIBADEO ACOLLERÁ O 13 DE XULLO UNHA XORNADA PARA VISIBILIZAR O PAPEL DA MULLER NA MÚSICA. ESTÁ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSIKEANDO E POLO CIM.
Musikeando e o CIM organizan en Ribadeo a xornada “Son de mulleres” sobre o papel da muller na
Ribadeo, 5 de xullo de 2012. O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo (sede da Escola Municipal de Música e Danza) acollerá o vindeiro 13 de xullo a xornada Son de mulleres. Respostas á invisibilidade da muller na música coa que se pretenden potenciar cambios de actitudes que axuden na procura da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na arte. A xornada está organizada pola asociación cultural Musikeando e poo CIM e conta coa colaboración de Vicepresidencia Primeira da Deputación, a EMMeD de Ribadeo, Amadores da Música e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Ao longo da historia da música o esquecemento e o descoñecemento sobre as mulleres compositoras ou intérpretes foi constante e mantense vivo aínda na actualidade. Xa que logo, a partires do recoñecemento das causas e consecuencias desa invisibilidade, o que se pretende é realizar unha aproximación á produción musical sen exclusión de xénero e ofertar modelos femininos positivos que estimulen a participación doutras mulleres na música e na danza.
A xornada comezará cun relatorio da compositora e integrante do consello do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid, Mercedes Zavala Gironés no que realizará unha aproximación histórica á invisibilización da muller no eido musical. De seguido, Ugia Pedreira, Maria Xosé Silvar “Sés” e a “txistulari” Idoia Kareaga abordarán cal foi e segue sendo o papel das mulleres na recuperación e mantemento da música tradicional tanto en Galicia coma en Euskadi. Para rematar a mañá sumaranse ao coloquio o grupo chairego Irimia Cantareiras e máis as integrantes do grupo local Alesancia (das Anzas) para debatir arredor da situación das mulleres e a música neste tempo.
Xa pola tarde levarase a cabo un acto de recoñecemento ás Meniñas de Saudade e proxectarase o documental da realizadora María Acuña, Saudade e retrato en si bemol no que se achega á histora das Meniñas de Saudade. Para pechar a xornada, ás 21.00 horas no Cine-Teatro, celebrarase un concerto no que actuarán a Banda Municipal de Ribadeo, o grupo Alesancia, Irimia Cantareiras, María Xosé Silvar “Sés” e máis Ugia Pedreira.
Obradoiros
Ao tempo que se desenvolve a xornada terán lugar dous talleres gratuítos. O primeiro deles, un obradoiro de danza, que será impartido na tarde do xoves 12 e máis o venres 13 de xullo, de 17 a 19 horas, por Branca Novoneyra e está dirixido a alumnas e alumnos de danza e ballet de entre 8 e 12 anos. O segundo, aberto ao público en xeral, terá lugar na tarde do venres, ás 16.00 horas, e será impartido por Olga Nogueira baixo o título Percorrido pola música galega.
Tanto as xornadas coma os obradoiros son gratuítos pero cómpre inscribirse na EMMeD de Ribadeo ou no Centro de Información ás Mulleres ou ben chamando aos teléfonos 982.130.856 ou 982.120.739.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



