No segundo acto de campaña de afiliación en Foz
O PP de Lugo animou, esta mañá, aos cidadáns da Mariña a participar no seu proxecto político
. Balseiro lembrou que os mariñáns puxeron de manifesto nas pasadas eleccións municipais e xerais que partido querían que os representase
. O PP continuará traballando e sae agora a rúa para animar á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise
FOZ, 10 de xullo de 2012.- O Secretario Xeral do PP de Lugo e Secretario da Mesa do Parlamento, José Manuel Balseiro, acompañado de voceiros, alcaldes, Deputados provinciais, Autonómicos e Nacionais da comarca da Mariña, saíron a rúa para dar conta da campaña de afiliación.
Na praza Conde de Fontao de Foz e baixo o lema “Contigo Lugo será + popular”, os populares deron a coñecer a campaña que trata de sumar novos afiliados ao proxecto político “máis ilusionante e comprometido con esta terra: o que representa as siglas do PP de Lugo”-afirmou Balseiro.
Lembrou o Secretario Xeral do PP de Lugo que o seu partido finalizou, fai xustamente hoxe, oito días, neste mesmo Concello mariñán, a campaña informartiva “a verdade das reformas” pero que continuará traballando e volve agora saír a rúa para animar á xente a sumarse o reto de ofrecer solucións fronte á crise.
José Manuel Balseiro lembrou que os cidadáns da zona da Mariña, ao igual que os das outras zonas da provincia de Lugo puxeron de manifesto nas urnas, en maio e novembro de 2011, o partido que querían que os representase. Hoxe, Balseiro, continúou animando aos mariñáns a participar no proxecto popular xa que ofrece un canle de participación, de coñecemento dos problemas que ten a sociedade e de darlle solución.
Concluíu o Secretario Xeral do PP de Lugo e Secretario da Mesa do Parlamento que nos momentos de difícil situación económica os políticos teñen como obrigación dar resposta, polo que os populares continúan abertos a todo o mundo e da forma que implica un maior compromiso: a través da participación activa na vida do partido






















Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.



