ADEGA APLAUDE A NEGATIVA DO MINISTERIO AO SALTO DO NAVIA E RECLAMA A SÚA CADUCIDADE DA CONCESIÓN
Lugo, 10 de xullo de 2012.- O xoves dia 5 de Xullo do 2012 pasará á historia despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase no boletín Oficial do Estado a declaración de impacto ambiental negativa do encoro no río Navia, promovida por Saltos del Navia (sociedade ao 50% de Endesa e Hidrocantábrico) desde 1951. Este foi o oitavo intento da promotora de desenvolver esta concesión franquista na mesma ubicación e cuxa tramitación comezou en 2007. Nas demais ocasións (1951, 1956, 1964, 1975, 1976, 1985, 1995) a oposición social tamén foi frontal, o que conseguiu impedir a execución da presa. ADEGA pide que se evite un novo intento da promotora de desenvolver o proxecto e máis agresións para a comarca, declarando a caducidade da concesión.
O aproveitamento hidroeléctrico de Saltos del Navia contemplaba un encoro dunha altura de 75 metros, elevada a 130 metros en 1956 co proxecto “Gran Suarna”, e a 150 metros en 1975.
Daquela, a obra ía anegar catro núcleos de poboación entre os que se atopaba a vila de Navia de Suarna. Desde entón, o salto do Navia vén sendo amplia e unanimente rexeitado, non só polo sector ecoloxista e universitario, senón tamén polo conxunto da poboación afectada e polas administracións locais, provinciais e autonómicas; mesmo o Parlamento de Galiza acordou en maio de 2010 a oposición unánime a este proxecto hidroeléctrico.
Neste devalar da historia do Salto do Navia, ADEGA tense manifestado desde o comezo en contra, denunciado repetidamente a gravidade do proxecto sobre o medio natural da área afectada, espazo de Rede Natura e recoñecida por outras 4 figuras de protección: sobre o se patrimonio cultural, xa que afectaría a numerosos lugares de interese arqueolóxico; e no ámbito social, pois a presa anegaría preto de 450 hectáreas dunha zona eminentemente agraria. Por outra banda, este proxecto sumaríase a os outros 3 aproveitamentos hidroeléctricos que xa están a sobreexplotar o río Navia, confinando ao efluente a unha canle sen vida e sen auga.
Unha vez máis, e grazas ao rexeitamento social e ao traballo de organizacións como ADEGA, o Ministerio de Medio Ambiente atende as nosas denuncias e emite unha declaración de impacto negativa que impide o desenvolvemento do proxecto. Pero, desde ADEGA, cremos que non é suficiente. Consideramos que o Estado debera decretar a caducidade da concesión outorgada en 1951 a Saltos del Navia para impedir que a empresa siga intentado reiteradamente levar a cabo o proxecto e para evitar que a comarca siga soportando as consecuencias negativas desa promesa reiterada do proxecto, que polo de agora só animou ao abandono e ao despoboamento da zona. É difícil de crer que, pese a máis de 60 anos de oposición total a esta infraestrutura por parte das poboacións afectadas, dos colectivos sociais e das administracións públicas, o goberno central do Estado aínda non teña pechado definitivamente as portas a este proxecto.
Así mesmo, agardamos que o Ministerio de Medio ambiente, a través da confederacións hidrográficas con competencia en Galiza, e o organismo Augas de Galicia, amosen a mesma actitude de oposición contra proxectos hidroeléctricos novos ou de reponteciamento que as organizacións ecoloxistas estamos a denunciar por seren atentados contra os nosos ríos e os valores ambientais, paisaxísticos, patrimoniais e socioeconómicos do noso territorio.
Por último, instamos ás administracións do Estado e de Galiza a decretar, non só a caducidade, senón a demolición dalgúns encoros que deixaron de ser útiles para a sociedade, e a prol de que os nosos ríos discorran libres e máis limpos.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



