OS TURISTAS QUE CHEGUEN A RIBADEO E REALICEN A RUTA ENTRE AS CATEDRAIS E A VILA RECIBIRÁN UN DIPLOMA QUE OS ACREDITARÁ COMO VIAXEIROS/AS RIBADENSES. TRÁTASE DUNHA ACUARELA FEITA POR UN ARTISTA LOCAL, CON TEXTO EN INGLÉS, FRANCÉS, ESPAÑOL E GALEGO, E CUN POEMA ADICADO AO FAMOSO AREAL, O SEGUNDO LUGAR MÁIS VISITADO DE GALICIA DESPOIS DA CATEDRAL DE SANTIAGO.
Ribadeo, 10 de xullo de 2012. Os turistas que cheguen a Ribadeo e realicen a ruta comprendida entre As Catedrais e a vila recibirán un diploma que os acreditará como viaxeiros/as ribadenses. Para conseguir esta acuarela, realizada por un artista local, deberán fotografiar catro paraxes: a praia das Catedrais, Rinlo, o faro da Illa Pancha e a praia do Cagadeiro, e presentarse na Oficina de Turismo para validar as imaxes e obter o diploma. Esta nova campaña de promoción turística foi presentada esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
O rexedor relatou que “estamos así tentando importar unha idea da igrexa, aquela de que todos os peregrinos que fan o camiño de Santiago ao final da súa viaxe poden obter unha compostelana, poden ter un documento acreditativo de que fixeron o camiño de Santiago co argumento de que nas sucesivas paradas que fixeron tiveron que conseguir os selos correspondentes. Aquí en Ribadeo queremos facer algo parecido con esta cantidade impresionante de xente que ven durante todo o ano ao noso concello, sobre todo á praia das Catedrais, e queremos que leven un recordo gratuito e bonito e que veñan a Ribadeo”. Suárez Barcia subliñou que “se trata dunha acuarela, pedímoslles a todos os turistas que chegan a esta zona que fagan catro fotos co teléfono móvil ou cunha cámara dixital: unha da praia das Catedrais, unha de Rinlo, outra do faro da Illa Pancha e outra da praia do Cargadeiro. Con esas catro fotos preséntanse na oficina de turismo e as informadoras turísticas poderán emitir un diploma co seu nome e eses datos pasarán tamén a formar parte dun libro de visitas do Concello de Ribadeo, que establecemos para isto”.
O diploma ou documento acreditativo é unha acuarela “moi bonita feita por un artista local cun pequeño poema relativo á praia das Catedrais. O texto dese diploma está en galego, en español, en inglés e en francés. É algo que pasará a formar parte do que son as paredes de moitas das vivendas dos turistas que veñen aquí a Ribadeo, porque o regalo meréceo”.
O alcalde de Ribadeo explicou que “o que perseguimos con esta campaña, seguindo a idea que nos levan dicindo desde hai moito tempo os comerciantes e hostaleiros de Ribadeo, é tentar traer á nosa vila á xente que chega ás Catedrais para que non sei vaia a outros lugares, senón que retorne ao lugar natural ao que pertence a praia. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, leva varios meses dándolle voltas a esta iniciativa, tivemos que conciliar un montón de problemáticas, de recepción, de emisión, de dereitos de autor, etc…”
Fernando Suárez indicou que “nós temos o noso propio camiño catedralicio cara ás Catedrais, o segundo lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago, e queríamos ter tamén unha seña distintiva e tamén presentamos os novos folletos das praias das Catedrais en inglés, francés, español e galego, que terán gratuitamente todos os turistas coa información sobre este areal”.
Fernando Suárez e Ana Martínez anunciaron que “mañá mércores comezará a funcionar o punto de atención turística da praia das Catedrais” e lembraron que “Ribadeo está a ter unha grande riqueza turística cos milleiros de persoas que anualmente se desprazan a este concello, a pesares da situación económica que nos tocou vivir”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



