O termo municipal conta con máis de 5.300 puntos de luz de titularidade pública diseminados pola vila e conxunto das parroquias do rural
O CONCELLO DE FOZ PON EN MARCHA UN PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NO MEDIO RURAL O QUE LO SEGUIRA A VILA.
O plan no rural ten previsto executarse baixo un principio básico fundamental: ningunha vivenda quedará sen o seu alumeado público correspondente
O aforro estimado oscilará entre os 25.000 e 30.000 euros anuais no que influirá o período e a estación do ano.
Foz, 11 de xullo de 2011.- O departamento municipal que dirixe o edil Pedro Fernández Manín puxo en marcha un plan de eficiencia e aforro enerxético nas parroquias do rural que ten por obxecto reducir a gasto que a día de hoxe supón para as arcas municipais o mantemento do alumeado público e contribuír con elo a obter unha mellora económica e ambiental.
En termos económicos, as previsións da concellaría de Medio Rural, Agricultura, Pesca e obras apuntaban que o aforro de consumo enerxético se situaría en torno a 20.000 e 30.000 euros ao ano. Aínda que a cifra final poderá variar xa que “en función da época do ano as luces acéndense antes ou despois según o horario de verán o resto do ano”.
NINGUNHA VIVENDA SEN O SEU PUNTO DE LUZ
Un plan, adaptado ás características e necesidades da zona rural, que ten previsto executarse baixo un principio básico fundamental: “ningunha vivenda, e polo tanto ningún veciño da zona rural, quedará sen o seu punto de alumeado público correspondente”.
O termo municipal de Foz conta con máis de 5.300 puntos de luz de titularidade pública diseminados polo conxunto das parroquias do rural. Entre as medidas contempladas no plan establécese onde se poda a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nalgunhas zonas como viaís, puntos duplicados ou espazos intermedios, mantendo os mesmos puntos de luz nas vivendas para garantir a seguridade dos usuarios.
FRENO Á POLÍTICA DISCRIMINATORIA CO RURAL
“Na avaliación inicial do plan contemplamos como había zonas cunha sobre abundancia desde o punto de vista enerxético de puntos de luz e outras zonas, incluso vivendas, que estaban claramente discriminadas pola política de marxinación que tivo o anterior Goberno local. Neste caso incluso non descartamos que haxa que poñer en marcha novos puntos de luz, naquelas vivendas que aínda non contan con algún. Pero en todo caso, as medidas executaranse segundo unha planificación obxectiva e atendendo a criterios de aforro e eficiencia enerxética”-explicou Fernández Manín.
SEGURIDADE PARA OS VECIÑOS
Ao mesmo tempo o responsable da area de Medio Rural quixo deixar claro que a rebaixa no subministro de luz “compatibilizase coas garantías plenas de seguridade para os veciños”. E naqueles espazos que así o precisen “mantéñense operativos permanentemente todos os puntos lumínicos. A alternancia de funcionamento estará restrinxida a zonas de tránsito puntual e vías secundarias, nos que se reduce o número de puntos de luz activos a un mesmo tempo”.
A concellaría de Medio Rural, seguindo as directrices de xestión administrativa que define o Goberno municipal, está a executar unha política de optimización de recursos e reducción do gasto a fin de contribuír ao saneamento da facenda local –pese a mala herdanza recibida-. No actual contexto de forte crise económica, o Concello de Foz está a poñer en marcha diferentes medidas de aforro, sen prexudicar a calidade do servizo e pensando no benestar dos veciños.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



