Ducias de persoas achegaronse ao Eido Dourado para asistir onte a noitiña a inauguracion, nos xardins, da escultura realizada in situ por Paco Pestana. Varios artistas da comarca quixeron acompañar a Celso Dourado e a Pestana neste acto.
Os asistentes disfrutaron despois do concerto ofrecido polos irlandeses Fling, que encheron de sons celtas o Eido Dourado e os arredores. “A velada resultou moi especial”, segundo o artista barreirense Celso Dourado.