OLLANDO O PASADO
O SAN LOURENZO DE 1947
Tres días de festa ( 9, 10 e 11 de agosto) para celebrar o San Lourenzo de hai 65 anos. Eran os tempos miserentos da posguerra, nos que se daban tódalas carencias, aínda aquelas mais elementais para a supervivencia. A Banda de música de Santa Marta de Ortigueira, “dirixida pola batuta do mestre Rebollar” e a Banda “Pascual Veiga” de Mondoñedo amenizarían as “dianas e alboradas”, os concertos (algún anunciado como sinfónico) e as verbenas ó longo das tres xornadas. Os Cuartetos Rexionais, “acompañarán por las calles de la villa y barrios anejos a los Gigantes y Cabezudos, los que con sus bailes y pìruetas harán el regocijo de la población infantil”.
Sesións de fogos de artificio e “de praza, aire e auga” lanzarán sus luminarias mientras el espacio es rasgado por magnífica lucería de voladores y ráfagas de mortero, iluminándose vivamente por los destellos de bengalas en paracaídas..“, así como milleiros de bombillas multicores ue iluminaban a Rambla e poñían luz e cor no marco dunhas festas celebradas con mais ilusión que medios. O mestre Lugilde, que ten rúa na vila, de gran destreza para os traballos manuais, era o artífice da iluminación colorista: faroliños, guirnaldas e as mais insólitas figuras penduraban dos cables eléctricos
O mar– asteleiros, pesca e cabotaxe, conserveiras-era o pivote sobre o que xiraba a vida social e económica de Foz, e polo tanto a celebración festeira reflectía tal peculiaridade; daí que no programa figure unha Gran Festa Marítima“ con “egatas de traineras, que en reñida y noble lid, disputarán el Gran Trofeo “Dalo”; valiosos premios en metálico”.Non faltaban, na dársena, a natación, cucañas, regatas de tinas, a caza do pato e demais. Asimesmo celebrouse unha Festa Popular con carreira de cintas, de burros e en sacos, con “importantes premios económicos”.
Como complemento ó divertimento festeiro, o Salón Cageao anunciaba grandes bailes, “amenizados por las afamadas orquestas “Ritmo”, de Mondoñedo y “Sobrino”, de Betanzos, con sus bellas animadoras”. Pola súa banda, o Cine Cageao, proxectaba a película Historia de un gran amor, protagonizada polo cantante mexicano Jorge Negrete, ídolo das masas, no cenit da popularidade pola boda con María Félix, actriz de sensacional beleza. Tamén o salón Rosalía Castro ofrecía grandes bailes coa Orquestra Sycora Boys de Grado (Asturias)”.
Dos 48 anuncios comerciais, de outros tantos negocios focenses, que figuran no libro só sobreviven dous: Ferretería Fuente e Longarela.
O gran número do programa festeiro eran as regatas de traiñeiras, que espertaban auténticas paixóns, e nas que participaban representantes de varios portos da Mariña e de Asturias. A única colaboración literaria é o fermoso artigo de Trapero Pardo titulado “Quillas de traineras en la ría de Foz” , e comeza así “ …Foz celebra la fiesta del santo levita con música, fuegos, danzas…Mas para una villa marinera, el mar ha de ser fiesta principal…” É o signo dos tempos, díse. A simboloxía daqueles podería estar no arado romano e o anaco de pan mouro do racionamiento; hoxe acaso no Ave, a Internet, as festas gastronómicas e o idioma inglés.O que vai de onte a hoxe…!
Suso Fernández



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



