RIBADEO ACOLLERÁ DO 12 AO 16 DE AGOSTO O VII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA. PIANISTAS, TENORES, SOPRANOS E UN CRISTALISTA DELEITARÁN AOS ASISTENTES A ESTA CITA. O EVENTO PRESENTÓUSE ESTA MAÑÁ NO CONCELLO.
Ribadeo, 9 de agosto de 2012. Ribadeo acollerá do 12 ao 16 de agosto o VII Festival Internacional de Música Clásica, que se presentou este mediodía no salón de plenos do Concello. Está organizado pola asociación Eo Clásica e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O director do festival, Leopoldo Erice, sinalou que “los asistentes van a poder disfrutar de cinco conciertos del 12 al 16 de agosto, todos ellos a las 21:30 horas en el auditorio municipal de Ribadeo”. Será o propio Erice o encargado de abrir o festival o vindeiro domingo, 12 de agosto, cun concerto denominado Tempestuoso, apasionado, revolucionario, lírico… Leopoldo Erice interpretará obras de Beethoven, Brahmns, Schönberg e Schubert.
O luns, 13 de agosto, “tendremos un recital de canto y piano con el tenor Ángel Rodríguez Rivero y el pianista Juan Antonio Álvarez Parejo. Tenemos muchísima suerte de que estos artistas vengan a Ribadeo, Ángel ha cantado en el mundo entero, y Juan Antonio actuó con Teresa Berganza en sus conciertos por todo el mundo. El 14 de agosto disfrutaremos de un concierto muy original, será el que ofrecerá el cristalista Michel Deneuve. El cristal es un instrumento que se escucha muy poco, a pesar de que tiene un sonido bellísimo y es una especie de combinación entre escultura e instrumento. Está hecho de cristal y de metal y la persona que lo toca se moja los tocas y roza con los dedos las varillas de cristal que suenan de una forma muy especial y que a la gente le llama mucho la atención”, explicou Leopoldo Erice, director do Festival Internacional de Música Clásica.
O día 15 de agosto a pianista rusoespañola Marianna Prjevalskaya intepreterá obras de Scarlatti, Chopin, Schumann e Rachmaninov. E o festival péchase o 16 de agosto coa soprano americana Meghan Tarkington acompañada ao piano de Leopoldo Erice, que achegarán aos asistentes a Händel, Schubert, Hahn, García-Abril, Mompou, Toldrá, Obradors e Strauss.
As entradas para asistir ao VII Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo estarán á venda nas taquillas do auditorio municipal de Ribadeo os días dos concertos de 12 a 13 horas e de 20 a 21:30 horas. O prezo é de 10 euros para a entrada individual para cada concerto, e tamén haberá abonos a 45 euros para asistir aos cinco concertos.
Leopoldo Erice agradeceu “la maravillosa acogida y colaboración del Ayuntamiento de Ribadeo y a un número de empresas que cada año va en aumento, tanto locales como de fuera de Ribadeo: restaurantes San Miguel y O Cabazo, pensión residencia Linares, Musigestión, Olmida SL, El Progreso, Ardilla & Feedback, así como al nutrido grupo de personas que, con su trabajo desinteresado, hacen realidad la VII edición de este festival”. O director do evento animou á xente a asistir a esta cita “porque a pesar de los malos momentos que estamos pasando la música sigue adelante, debe continuar la cultura, pasarán unos momentos estupendos en estos conciertos y estamos muy contentos de poder ofrecer y llegar a esta séptima edición del Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo”.
Pola súa banda o alcalde, Fernando Suárez, indicou que “a pesares da situación económica, contra vento e marea, Ribadeo volve ter o Festival Internacional de Música Clásica, gracias á asociación Eo Clásica que organiza e que dirixe Leopoldo Erice”. O rexedor considera que “o elenco de músicos participantes é máis propio dunha cidade que dunha vila coma Ribadeo. Hai que agradecer o esforzo que neste ano se estivo facer por parte da asociación Eo Clásica, xa que conta con moitísimas menos axudas públicas que en anos anteriores, non hai colaboracións de ningunha obra social de ningunha caixa, e a colaboración que facemos desde o Concello que se pode quedar no simbolismo. Con todo, o tesón e o esforzo desta asociación bríndalle a Ribadeo a posibilidade de ter unhas xornadas de primeiro nivel internacional, que volverán poñer a Ribadeo no mapa da calidade cultural”.

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



