En marcha o real decreto dos despidos colectivos de empregados/as públicos/as.
O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas e, xa que logo, á Xunta de Galiza.
despedimento administracion publica
Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: a regulación do despedimento colectivo no Sector Público .
1°. Se se regula é porque se vai aplicar. Quen ninguén se chame a engano pensando que se trata simplemente dun desenvolvemento regulamentario sen máis. Unha vez que as instancias políticas dispoñan dese instrumento vai ser utilizado.
2°. Afecta a todas as Administracións Públicas incluida á Administración da Xunta de Galiza.
3°. Afecta a todo o persoal laboral, non só a temporais e indefinidos, senón ao persoal laboral fixo que ten superado procesos selectivos para ao acceso a tal condición.
4°. Está en poder da Administración decidir se existen causas de despido colectivo ou non:
– No caso de causas económicas, abonda con infradotar orzamentariamente cun 10% a calquera consellaría ou ente para que se entre nun proceso de despedimento colectivo
– No caso de causas organizativas, abonda con xustificar que o servizo se poida prestar externamente reducindo custos.
5°. O único criterio para priorizar a afectación dos despedimentos vai ser o ter pasado un proceso selectivo. A partir de aí non existen criterios, nin a antigüidade, nin ningún outro, quedando expedita a vía da selección arbitraria por parte da Administración de a quen despedir e a quen non.
6°. Constitúe unha referencia para a modificación do EBEP de cara a rematar coa permanencia dos/as empregados/as públicos/as, especialmente dos funcionarios/as de carreira, que poderían ver como no futuro desaparece calquera garantía neste sentido.
7°. É un paso máis non só para reducir a Administración, senón para privatizala, ao permitir que empresas privadas asuman tarefas desenvolvidas por empregados/as públicos/as.
É tamén realmente preocupante que este borrador, co calado que ten, non fose posto en coñecemento da CIG e tivésemos que ter coñecemento da súa existencia o 1 de agosto na Mesa Xeral de Empregados Públicos da Xunta de Galiza, cando a CIG ten a consideración de sindicato máis representativo e con presenza na Mesa Xeral de AAPP en Madrid e outras organizacións sindicais dispoñen del dende o 27 de xullo.
A CIG rexeita tamén que se veñan de facer alegacións por parte dalgunhas centrais sindicais no lugar de rexeitar de plano este aberrante Real Decreto.
Dende a CIG fan un chamamento a todos/as empregados/as publicos/as a continuar mobilizándose contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos Servizos Públicos


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



