O descontrol, o pouco traballo e a falta de compromiso definen a xestión do bipartito en Mondoñedo
Ante a falta de información sobre o proxecto de solicitude dun obradoiro de emprego, que levou a pleno o bipartito; a portavoz do Partido Popular mantivo unha forzada reunión co rexedor local, co seu socio de goberno e con outros concelleiros, para solicitar documentación, que por dereito lle corresponde e de xeito sistemático se lle nega
O Grupo Popular recorda que a situación que vive Mondoñedo precisa de unanimidade en moitos aspectos e unión por parte das forzas políticas. Sen embargo, os populares denuncian que o desgoberno do BIPARTITO fai imposible o entendemento
Pese a esta situación, o PP local aínda quere tender a man e anuncia que vota a favor do proxecto de solicitude do obradoiro de emprego
Mondoñedo, 29 de agosto de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo, sufre unha vez máis as consecuencias do DESGOBERNO do equipo que está ao fronte da administración local. A menos de 20 minutos da sesión plenaria celebrada hoxe, os populares denuncian que non estivera completo o expediente de solicitude de subvención ao abeiro da orde do 27 de xullo do 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2012.
Os populares aseguran que a documentación que tivo no seu poder o partido que representan, o máis votado en Mondoñedo, é un documento de dous folios “onde poucas cousas están claras”. O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a falta de información e fixo fincapé en dúas dúbidas importantes: se o Concello ten a dispoñibilidade para a execución das actuacións nos inmobles e espazos aos que afectan (recorda que este proxecto se faría en Vilar e a concesión destes inmobles por parte dos propietarios estaría condicionada por un fin, nun tempo determinado); e se se pode comprometer a habilitar as aplicacións orzamentarias necesarias para os exercicios 2012 e 2013 e atender así a parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. O populares tamén recordan que Mondoñedo está sometido a un reguroso plan de axuste e que calquera habilitación de gasto ten que vir paralela a un aforro.
Esta situación amosa o POUCO TRABALLO, DESCONTROL, E FALTA DE COMPROMISO DO BNG E DO PSOE COS MINDONIENSES.
A improvisación e a falta de estudio neste proxecto é similar ao día a día no concello de Mondoñedo. O Partido Popular recorda que o equipo de goberno leva máis dun ano e oito meses CO GASTO REPARADO, a pesar de seguir gastando diñeiro público en xestión e desprazando deste xeito os servicios municipais para o traballo diario. Así, dende o PP recordan o convenio asinado coa Deputación de Lugo para facer a contabilidade cando o resto de concellos da provincia emprega os funcionarios municipais para este fin. O bipartito gastou diñeiro na contratación dunha empresa externa, para continuar: CON ATRASO NA CONTABILIDADE, SEN ORZAMENTOS ACTUALIZADOS e CO GASTO REPARADO e do que ocupa neste momento, unha vez máis IMPROVISACIÓN EN EXPEDIENTES TAN IMPORTANTES COMO ESTE.
Sen dúbida, os populares aseguran que Mondoñedo e os mindonienses son os que sofren as consecuencias dun desgoberno.
Os populares votan a favor pensando no ben dos mindonienses
Priorizando a necesidade de postos de traballo, pensando no diñeiro público que teñen invertido as Administracións ó longo dos últimos anos neste proxecto de Vilar, o PP VOTOU A FAVOR DE SOLICITAR A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DA XUNTA DE GALICIA A SUBVENCIÓN MENCIONADA por importe total de 398420,10 euros.
Os populares consideran que é importante dar unha imaxe de unidade, neste punto, sendo conscientes de que a situación que está a provocar o bipartito na administración local mindoniense é INSOSTIBLE e a falta de CAPACIDADE E COMPROMISO resulta evidente en cada tramitación.
O PP agradece a dispoñibilidade dos alcaldes de Lourenzá e Barreiros por tramitar de forma conxunta un proxecto. Unha imaxe de traballo a copiar nun futuro.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.


















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



