*III CARREIRA POPULAR “VAL DAS FABAS”.-*
SÁBADO, 6 DE OUTUBRO DE 2012.* Lourenzá* (Lugo)
![]()
*ORGANIZACIÓN*
– *ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOURENZÁ* (LUGO)
– *CONCELLO DE LOURENZÁ (LUGO)*
*PATROCINIO*
*A: PATROCINADORES OFICIALES:*
– CONSTRUCCIONES AUGACONS
– PANADERÍA NELI
– CONSTRUCCIONES EMÉRITO CABALEIRO
– CONSTRUCCIONES JOSBI
*COLABORADORES:*
– SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE XUNTA DE GALICIA
– EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
– FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
– FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
– * *COCA COLA**
REGULAMENTO
1.- Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais
que o desexen, non se autorizará a participacion de atletas federados
extranxeiros agas os portugueses que non houberan sido internacionais co
seu pais. As distancias son orientativas non homologadas.
2.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 18
horas do día 3 de outubro de 2012
3.- As inscricións poderanse facer por correo electrónico a dirección
escolaslourenza@gmail.com ou no nº de fax 982122015 nas inscricións deberan
figurar o NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, Nº de LICENZA e CLUBE ou
COLEXIO, se é o caso.
En casos excepcionaís poderase facer ata 60 minutos antes do inicio da
proba.
As inscricións dos cativos que corran dentro do casco urbán, faranse ata 30
minutos antes do inicio das probas, no propio escenario da carreira e non
será preciso facelas por ningún outro medio.
4.-A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin na
Praza Conde Santo.
5.- Tódolos participantes terán asignado un dorsal, e que irá situado no
peito e terá que ser visible no desenrolo da proba.
6.-Dado que os participantes coinciden en hora e circuíto faráse un control
de paso en diferentes puntos do circuito A organización establecerá


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.