O PSdeG lamenta as declaracións de Feijóo e Mato e a “falta de liderado” da Xunta no problema de Alcoa
– O candidato pola Mariña, José Ramón Val, lembra que co goberno socialista “houbo unha negociación seria, ao máis alto nivel, na que como non podía ser doutro xeito participaron Touriño e Zapatero e sumaron forzas por Galicia”
O PSdeG-PSOE lamenta “profundamente” as declaracións recollidas hoxe nos medios de comunicación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Beatriz Mato, nas que “demostran a absoluta falta de liderado e de iniciativa do Goberno galego” para resolver a problemática de Alcoa e chegar a un acordo para a tarifa enerxética. Así o destaca o candidato socialista na Mariña José Ramón Val, “absolutamente sorprendido polo que xa parece unha burla e unha tomadura de pelo para a comarca”. Lembra que na etapa do goberno socialista “houbo unha negociación seria, ao máis alto nivel, na que como non podía ser doutro xeito participaron Touriño e Zapatero e sumaron forzas por Galicia” para acadar un acordo coas enerxéticas e Alcoa do que, ademais, conseguiron compromisos da fábrica para facer investimentos e manter a súa ubicación en San Cibrao. “Falan de que a culpa é do déficit tarifario e do PSOE, cando é grazas ao PSOE e á unión da Xunta e o goberno central polo que a día de hoxe Alcoa segue a ser un piar básico na economía de Lugo”.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou nunha entrevista que o ministro de Industria vai visitar a factoría para “coñecer o problema”, antes de resolver definitivamente a estrutura tarifaria. “É que aínda non o coñece?”, pregúntase José Ramón Val, quen destaca que “xa non é tempo para fotos de última hora e xestos para a galería en campaña electoral”, e advirte a Feijóo de que “non se atreva a xogar cos postos de traballo e a economía de moita xente que o que quere é unha solución inmediata ante unha situación grave, non unha representación teatral como a de Pemex”. Pola súa banda, Beatriz Mato afirma que “a solución non é competencia da Xunta” e que “o Goberno central é quen terá que tomar algún tipo de decisión”. Val considera “vergoñento que a estas alturas os responsables de gobernar Galicia sigan a tirar balóns fóra”.
Presenza do PSdeG-PSOE no Pleno da Deputación
Esta mañá a número un por Lugo, Concepción Burgo, e os candidatos José Ramón Val e Ismael Rego acudiron como público ao Pleno da Deputación de Lugo e acompañaron os traballadores do comité de empresa de Alcoa para darlles o seu respaldo o dia en que se aprobou unha declaración institucional consensuada pola Corporación para que o Goberno do PP presente antes do 5 de outubro unha solución ao problema que asegure a continuidade da fábrica e dos seus 2.000 empregos.















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



