ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO EN XOVE
O vindeiro LUNS 15 DE OUTUBRO ábrese o prazo no Concello de Xove para solicitar bolsas e axudas ao estudio para o Curso 2012-2013, que vai estar aberto ata o 20 de novembro, incluido. A tramitación dos expedientes de solicitude hai que realizala no Departamento de Servizos Sociais do Concello.
As modalidades para este curso, son:
MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
En canto ás contías de cada modalidade, temos:
1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros.
===============================================================
ADXUNTO:
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO PARA O CURSO 2012-2013. (Aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de 28 de setembro de 2012 )
1.- Entidade adxudicadora
a.- Organismo: Xunta de Goberno Local do Concello de Xove
b.- Departamento que tramita o expediente: Departamento de Servizos Sociais
2.- Obxecto
Concesión de bolsas e axudas ao estudo para o cruso escolar 2012-2013
3.- Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen os seguintes estudos:
MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
4.- Forma de adxudicación da concesión da subvención: Concorrencia non competitiva. Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, tendo en conta que, polo obxecto e finalidade das axudas non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
Ao tratarse de un procedemento administrativo que non leva aparellado o esgotamento do crédito nun só acto de concesión senon que a súa disposición se realiza en actos sucesivos, e tal e como dispón o artigo 31.4 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, no momento do esgotamento da partida orzamentaria asignada non poderán admitirse posteriores solicitudes destinadas a participar del, salvo que se recurra a un incremento do crédito orzamentario ou se recurra a unha nova convocatoria, do xeito establecido no artigo 31.2 da lei anterior.
5.- Orzamento
A contía prevista para esta actuación na presente convocatoria é 40.000 euros con cargo á aplicación 324.481 do orzamento do presente ano 2012.
6.- Contía das axudas
O Concello de Xove abonará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno ou alumna segundo a renda per cápita familiar (englobando os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia) que consta na declaración do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas presentada no ano da solicitude.
As dotacións das bolsas son as seguintes:
1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
7.- Gastos subvencionables
Son subvencionables os gastos nos que se incurre pola realización dos estudos a que se fai referencia no punto 3 da presente convocatoria.
8.- Presentación de solicitudes de subvención
Data límite de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será de 31 días hábiles contados a partir do 15 de outubro, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o 20 de novembro. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.
Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)
Asímesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.
9.- Resolución do procedemento: Xunta de Goberno Local, previo informe-proposta do Departamento de Servizos Sociais. Non obstante, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e con carácter previo á celebración da sesión da Xunta de Goberno e para a valoración das solicitudes presentadas, reunirase a Xunta Municipal de Portavoces, asistida pola Traballadora Social, Interventora Municipal, ou persoas en quen deleguen, levantándose Acta polo Secretario Municipal.
10.- Xustificación e pagamento
O pago das bolsas e axudas realizarase mediante cheque ou transferencia bancaria, en función das disponibilidades da tesourería municipal, unha vez que a Xunta de Goberno Local adopte acordo aprobatorio da concesión das mesmas.
Será requisito indispensable para o libramento da axuda aportar a seguinte documentación:
-Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove
-Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado
-Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
-Certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa, no modelo normalizado.
11.- Obrigas dos beneficiarios da subvención
Son obrigas dos beneficiarios de bolsas ou axudas ao estudo as seguintes:
1.- Consignar fielmente a documentación e os datos esixidos nas presentes Bases
2.- Destinar a bolsa ou axuda á finalidade para a que se concede, entendéndose por tal a matriculación, asistencia a clases, presentación de exames, aloxamento, estancia, pago de tributos e demáis obrigas.
3.- Non ocultar calquera fonte de renda, o que poderá dar lugar á denegación da bolsa ou axuda solicitada.
4.- De revogarse a concesión dunha bolsa ou axuda ó estudo, o beneficiario estará na obriga de reintegrar as cantidades recibidas
5.- A presentación da solicitude obriga ó solicitante á aceptación das Bases que rexen o procedemento
6.- Someterse ás actuacións de comprobación que, en relación coas axudas concedidas, se practiquen polo órgano concedente.
12.- Outras informacións
No Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove.
Teléfono: 982.59.20.01























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



