O CONCELLO DE BURELA INCREMENTA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES E PASA A PRESTAR UN TOTAL DE 16.608 HORAS ANUAIS.
Burela, 18 de outubro de 2012. O Concello de Burela reforza a atención a persoas en situación de dependencia a través do servizo de axuda no fogar a dependentes. En total prestará 16.608 horas anuais.
O Alcalde de Burela, José González Barcia, confirmou coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a ampliación do servizo de atención a dependentes financiado pola Xunta de Galicia. González Barcia declarou que, “con este apoio da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, conseguimos atender a un número maior de persoas con grao e nivel de dependencia recoñecidos polo Sistema Galego de Atención á Dependencia (SAAD) e así igualarnos á media de atención da comunidade autónoma mediante o servizo de axuda no fogar”.
Nesta liña a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán asegurou que “se verán beneficiadas varias das persoas que estaban en lista de agarda, lista que vén dada pola propia xefatura territorial en Lugo da Consellería de Traballo e Benestar e que se xestiona mediante unha ferramenta informática que é o SIGAD (Sistema de Información Galego de Atención á Dependencia) a través do módulo PAR-SAF (Programa de Asignación de Recursos do Servizo de Axuda no Fogar), en función do baremo acadado de cada persoa usuaria”.
Alcalde e concelleira ven nesta actuación “unha medida moi vantaxosa non só para as persoas dependentes, senón tamén para a súa familia, medida que tamén afectará á cobertura do servizo de axuda no fogar básico, xa que varias das persoas que pasan ao servizo de dependencia proveñen deste programa, polo que tamén serán dados de alta neste último trimestre do ano casos novos deste servizo”.
O equipo de goberno municipal burelés segue a amosar o seu compromiso coa terceira idade e coas persoas en situación de dependencia ao igual que o goberno autonómico de Alberto Núñez Feijoo, que a través da Consellería de Traballo e Benestar vén de por en marcha o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, Horizonte 2015, instrumento que nos vindeiros anos servirá en Galicia para converter nun dos grandes eixes neurálxicos da acción do goberno do Partido Popular as políticas e actuacións destinadas a promover a atención e a calidade de vida das persoas maiores”.
Entre o servizo de axuda no fogar básico e o destinado a dependentes o Concello de Burela atende a 74 unidades familiares.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



