Pistas de pádel: Servizo básico para a economía e a poboación rural segundo a Xunta
23 de outubro de 2012. O AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) vén de conceder as axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais galegas para este ano, cofinanciadas polo FEADER. De acordo co PDR (Plano de Desenvolvemento Rural) 2007-2013 figuran 4,5 millóns de € destinados a “servizos básicos para a economía e a poboación rural” (medida 321.10). Entre os proxectos subvencionados nesta liña atopamos, entre unha pedrea de obras de “acondicionamento” e parcheado de instalacións, un investimento de 423.104,75€ en pistas de paddle. Curioso concepto o que a Xunta ten do desenvolvemento rural en xeral e dos “servizos básicos” para a poboación en particular. Consulta a listaxe completa de proxectos subvencionados.
No seu momento, ADEGA xa denunciara a fraude das axudas europeas, supostamente adicadas ao desenvolvemento rural, que a Xunta pretendía perpetrar através dun PDR cuxa tramitación destilaba escurantismo, clientelismo e mesmo chegaba a propoñer a orivatización da redacción dos instrumentos de xestión dos espazos e paisaxes protexidas, poñéndoos nas mans de madeiristas e asociacións forestais privadas.
A intención da Xunta era converter o “desenvolvemento rural sostible” nun instrumento ao servizo da súa política clientelar, e dos concellos de utilizalo como “caixa B” para realizar as obras e servizos máis variopintos. Daquela abondaban entre os propostas do PDR rotondas, paseos marítimos, bairarrúas, coches de policía, piscinas climatizadas, cámpings, reposición do parquet de polideportivos, banda ancha para estacións de esquí… etc. que eran presentadas como proxectos “sustentábeis” para o medio rural.
Agora, a Xunta vén de conceder máis de 4,5 millóns de € de fondos públicos europeos, en teoría destinados a desenvolver os servizos básicos dos que carece o noso medio rural, a fomentar iniciativas económicas para evitar o abandono, fixar poboación e dar oportunidades aos seus habitantes (medida 321.10 do PDR 2007-2013), a unha serie de proxectos, maioritariamente “parcheo” de equipamentos, entre os que se inclúen 8 pistas de paddle noutros tantos concellos, por un importe de case medio millón de euros. Segundo dixera Juárez, o mundo rural está condenado a desaparacer, mais os seus habitantes farano en boa forma!


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



