I XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE A “FUNDACIÓN EU SON” E A “ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA”:
O próximo martes dia 13 de novembro terá lugar a I Xornada de Convivencia entre a “Fundación Eu Son”, que atende a persoas con discapacidade intelectual e a “Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña”, que atende a persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica.
Baixo o lema “Deporte para Todos” , terá lugar ás 12:00 h un partido de fútbol sala no Pavillón Vista Alegre (Burela) donde os equipos de ambas entidades disputarán un partido amistoso.
O lema escollido fai referencia a que a actividade física é xeradora de situacións de inclusión, entendendo o deporte como um ámbito de desarrollo social. Cremos que o deporte para todos recoñece o dereito a xogar, a moverse, o dereito ó pracer, á alegria, á sociabilidade, tan importante tratándose destes colectivos, e sobre todo á autorrealización de cada individuo.
De seguido, ás 14:00 horas e aproveitando a época do ano, celebraremos todos xuntos o MAGOSTO cunha comida típica galega ( empanada, lacón asado e castañas asadas). A partir das 15:30 horas daremos paso a xogos populares que teñen como tema central o magosto.
Estes xogos serán dirixidos por María José Cao, Monitora de Gaia, co obxetivo de que sexa unha xornada festiva, de que disfruten con cada xogo, ademáis de que tódolos participantes se interrelacionen entre si, coa conseguinte cohesión de grupo.
Para finalizar a xornada, contaremos ás 17:30 horas, no Acto da Clausura, con diversas autoridades que entregarán os trofeos como recordo conmemorativo da convivencia.
Asi, temos que agradecer a inestimable colaboración da Excma. Diputación de Lugo, o Excmo. Concello de Burela, a Fundación Indecum, o Clube Deportivo Burela F.S. Pescados Rubén, Gaia, e os Centros Educativos da localidade.
O fin desta xornada, é poñer en contacto a usuarios de ambas entidades , coñecerse, compartir unha xornada lúdica donde o primordial é pasalo ben e disfrutar dun día con actividades diferentes ao tempo que se fomentan hábitos de vida saudables, o traballo en equipo e valores como o compañeirismo e a amizade.
Dende ambas entidades esperamos que sexa a primeira de moitas máis xornadas.