NOTA DE PRENSA
O Grupo Popular aposta pola súa experiencia parlamentaria e mantén a súa intención de que continúe traballando na tarefa de impulsar a acción do Goberno
BALSEIRO FORMARÁ PARTE DE TRES COMISIÓNS PARLAMENTARIAS: PESCA, PETICIÓNS E DA DEPUTACIÓN PERMANENTE
• O deputado mariñán ostentaba xa a Secretaría do Parlamento de Galicia e, polo tanto, forma parte do máximo órgano de dirección da Cámara autonómica.
A Mariña, 14 de marzo de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol formará parte de tres comisións parlamentarias logo da designación polo seu Grupo confirmada no día de hoxe. Balseiro Orol participará na Comisión de Pesca e Marisqueo, na Comisión de Peticións e na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.
Con esta nova designación o Grupo Parlamentario Popular aposta pola súa ampla experiencia e premia a súa capacidade de traballo máis que contrastada. Balseiro Orol continuará presentando iniciativas de impulso á acción do Goberno, de xeito especial, nos ámbitos da comisión ás que pertence e en todos aqueles aspectos relacionados con asuntos de interese para A Mariña lucense.
Balseiro Orol ostenta a secretaría do Parlamento de Galicia, máximo órgano de dirección da Cámara autonómica actividade á que agora se lle engade estas novas responsabilidades.
















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



