A revista normalmente divulga información e achádegos encol da riqueza patrimonial dos concellos de Alfoz e O Valadouro, nomeadamente arqueoloxía, máis desta volta confeccionouse un número especial adicado a uns acontecementos históricos do século XV que o poeta Ramón Cabanillas denominou metaforicamene “A noite da Frouseira”.
























O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo remata o 30 de xuño. Os tres municipios detectaron a necesidade de ofrecer información e apoio á poboación migrante para facilitar a súa regularización e acceso ao emprego, especialmente nun momento no que sectores como os coidados, a construción e o metal precisan man de obra. Os concellos valoran a alta participación e lembran que para dúbidas adicionais está dispoñible o teléfono 655 608 610.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.



