A Xunta iniciará a mediados deste mes as obras de construción de beirarrúas en Cangas de Foz, na travesía da LU-162
· A actuación foi adxudicada por máis de 212.000 euros
· Este proxecto completa as actuacións de mellora realizadas recentemente na vía por un importe próximo aos dous millóns de euros
Santiago, 4 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixa na semana do 14 de xaneiro o inicio das obras de construción de beirarrúas en Cangas de Foz, na LU-162. A Xunta adxudicou esta obra a través da Sociedade Pública de Investimentos por 212.342 euros á empresa Isidro Otero S.L., cun prazo de execución de tres meses.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas construirá beirarrúas en ambas as marxes ao longo de 515 metros do tramo urbano da vía, que conecta Cangas con Ferreira de Valadouro, de xeito que a actuación contribuirá sensiblemente a mellorar a seguridade viaria na localidade.
Trátase dunha vía de conexión da comarca da Mariña que rexistra elevadas densidades de tráfico, estimándose que o radio de poboación beneficiada –de Foz e os concellos da contorna- supera os 26.000 habitantes.
Esta actuación, que desenvolve a Axencia Galega de Infraestruturas, vén completar as obras de mellora realizadas hai uns meses e que consistiron na rehabilitación do firme da estrada, sinalización, balizamento e mellora dos sistemas de contención. Estas obras alcanzaron un investimento de 1.913.385,64 euros.
Características técnicas
Ademais da construción de beirarrúas, o proxecto contempla a disposición dunha rede de pluviais en cada marxe da estrada, mediante tubos de PVC de 400 mm de diámetro, conectándoas coas redes existentes para o desaugue. Ao longo dos tramos, disporanse pozos de rexistro de cada 60 metros e sumidoiros sifónicos cada 30 metros, para poder evacuar a auga procedente da calzada.
Pola súa banda, as beirarrúas construiranse con baldosa hidráulica de 30×30 centímetros, sobre morteiro, formigón e zahorra artificial, con bordo de formigón bicapa.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



