O ALCALDE ASEGURA QUE AS DEMANDAS PARA QUE RIBADEO CONTE CUNHA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE SEGUEN INTACTAS. A COMISIÓN ACUDIRÁ CON ILUSIÓN AO ENCONTRO CON BEATRIZ MATO, “IMOS ESCOITAR, PERO TAMÉN A FALAR”.
Ribadeo, 8 de xaneiro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo manterá un encontro coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o vindeiro venres en Santiago. Unha xuntanza que se producirá, en palabras do alcalde, “despois de dous anos de traballo e de loita, de 2.000 sinaturas recollidas e dunha manifestación á que asistiron en Ribadeo máis de 1.000 persoas. Fernando Suárez considera que “á Xunta fáiselle insostible manter esa actitude de oídos xordos con este asunto”.
O rexedor ribadense sinalou que finalmente despois de dous anos de loita, despois de máis de 2.000 sinaturas recollidas e despois dunha manifestación na que participaron en Ribadeo máis de 1.000 persoas por fin a conselleira de Traballo e Benestar di que vai recibir a esta comisión, formada polos diferentes grupos da Corporación Municipal e por representantes das asociacións de veciños, na que entre todos estamos a traballar para conseguir o obxectivo de ter unha nova residencia en Ribadeo”.
Fernando Suárez dixo que “á marxe da posta en escena desta convocatoria na que se están a confundir os partidos coas institucións, e isto non é nada bó, eu creo que deberían aprender do que facemos aquí no Concello, de que esteamos todos unidos a nivel municipal traballando por un obxectivo único e común. Pero máis aló desta posta en escena un pouco confusa penso que á Xunta fáiselle insostible seguir mantendo esa actitude de oídos xordos ao que unanimemente todos e todas lle estamos a dicir desde Ribadeo”.
A comisión pro residencia da terceira idade acudirá a esa cita “con moita ilusión o vindeiro venres, 11 de xaneiro, ás 12:30 horas, iremos esta comisión a Santiago a que nos reciban, a que nos atendan e a que entendan por que necesitamos unha residencia en Ribadeo. Imos escoitar, pero tamén a falar porque as demandas de Ribadeo seguen intactas a pesares de que levemos máis de dous anos loitando para que quen ten as competencias en materia de benestar, que é a Xunta, por fin se faga cargo, non só con palabras vanas senón con feitos, confiamos en que iso sexa así e daremos conta despois do resultado da xuntanza”.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



