O BNG DE RIBADEO RESPONDE A BALSEIRO E PÍDELLE QUE NON FALTE AO RESPECTO AOS E ÁS RIBADENSES QUE PEDIRON NA RÚA A RESIDENCIA PARA RIBADEO
Manifestamos de novo a nosa sorpresa polas declaracións dos dirixentes locais do Partido Popular en relación a temas de importancia e interese xeral para Ribadeo. Neste caso o señor Balseiro, deputado do PP pola Mariña, chama “pancarteiros e crispadores a quen, de forma conxunta e notablemente numerosa, nos manifestamos na rúa hai xa varios meses para demandar unha residencia da terceira idade en Ribadeo.
Chama a atención este desprezo, e desde logo, entendemos que é necesario lembrarlle ao señor Balseiro varias cuestións. A primeira, que se houbo unha mobilización tan numerosa en Ribadeo foi porque a conselleira de Benestar da Xunta non quixo recibir á Plataforma veciñal que demanda a Residencia, e polo tanto a xente considerou que había que mostrar na rúa o apoio social que esta solicitude ten en Ribadeo. A segunda, que membros do PP de Ribadeo – e en concreto os concelleiros Valín e Yáñez-‐ participaron desa manifestación, contradicindo as ordes do seu partido. Non sabemos se cando Balseiro fala de pancarteros e crispadores se refire tamén aos seus compañeiros de partido. A terceira, que sería boa cousa que as e os ribadenses tivesen claro cal é a postura do PP de Ribadeo e quen manda realmente nel, para saber a quen lle hai que facer caso: se a Balseiro, se ao dúo Vega e López Penabad, se ao señor Valín. Unha vez se aclaren entre eles quizais se poñan despois a traballar a favor da Residencia e doutros temas de vital importancia para o Ribadeo do futuro.
Finalmente, pediriámoslle ao PP que deixe de enredar e de facer politiqueo cun tema no que todas e todos en Ribadeo estabamos de acordo que había que deixar á marxe da disputa política. A Residencia é unha demanda que suscita o apoio de todas as forzas políticas e colectivos, cando menos até o de agora. Foi esta semana, cando o PP rompe o consenso existente e falta ao respecto á Plataforma pola súa forma de proceder, de costas á mesma e buscando réditos políticos. Están a tempo de reflexionar e de cambiar a súa maneira de actuación.





















O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.



