O VINDEIRO 23 DE XANEIRO ENTREGARANSE EN BURELA OS PREMIOS AOS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS E POESÍA INFANTIL NADAL 2012.
Burela, 11 de xaneiro de 2013. O vindeiro 23 de xaneiro terá lugar a entrega dos premios aos gañadores dos Certames de Postais e Poesía Infantil Nadal 2012, que convocou a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal. Será a partires das 19 horas na Sala de Arte da Casa da Cultura. Unha vez reunidos os membros do xurado acordaron conceder os seguintes premios.
PREMIOS DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2012”:
CATEGORÍA A (ata 8 anos):
. 1º Premio: Javier GARCÍA LAGO. 8 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
. 2º Premio: Eva BLANCO FERREIRO. 8 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.3º Premio: Miguel RODRÍGUEZ GÓMEZ. 8 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORÍA B ( de 9 a 11 anos):
.1º Premio: Carla FRA GARCÍA. 10 Anos. CEIP VIRXE DO CARME
. 2º Premio:Manuel RUBIÑOS TRELLES. 11 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
. 3º Premio: Wissal Aazzaoui. 9 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORÍA C ( de 12 a 16 anos):
. 1º Premio: AMARA CHAO DURÁN. 16 Anos. IES MONTE CASTELO.
.2º Premio: Irene RICO GÓMEZ. 13 Anos. IES MONTE CASTELO.
.3º Premio: Lorena BARRERA LÓPEZ. 14 Anos. IES MONTE CASTELO.
Todos os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca de Lugo.
PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS “NADAL 2012”:
EDUCACIÓN INFANTIL.( 0-3 Anos):
.1º Premio: Victor LÓPEZ PÉREZ. 2 Anos. ESCOLA INFANTIL BURELA.
.2º Premio: Dani BORRAJO TRELLES. 2 Anos. ESCOLA INFANTIL BURELA.
EDUCACIÓN INFANTIL.(de 4 a 5 Anos):
.1º Premio: Nerea GÓMEZ LESTEGÁS. 5 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.2º Premio: Mohamed LAMNAOVAR. 5 Anos . CEIP VIRXE DO CARME.
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º e 2º de Primaria:
.1º Premio: Marcos BLANCO GÓMEZ. 7 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.2º Premio: Nerea FRANCOS CORNIDE. 6 Anos. CEIP VISTA ALEGRE.
3º e 4º de Primaria:
.1º Premio: Alejandra ALONSO FERNÁNDEZ. 9 ANOS. CEIP VIRXE DO CARME.
.2º Premio: Pablo FERNANDÉZ RUBAL. 8 Anos. CEIP VIRXE DO CARME.
5º e 6º de Primaria:
.1º Premio: Carla FRA GARCÍA. 10 Anos. CEIP VIRXE DO CARME.
.2ºPremio: Raisa RIVERA CHONATE. 10 Anos. CEIP VIRXE DO CARME.
A Biblioteca Pública e a Concellería de Cultura felicitan a todos os participantes e convídaos a visitar a exposición de tódolos traballos presentados ao concurso.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



