Segundo acordou a Xunta Directiva Provincial que tivo lugar esta tarde e logo de ter transcorridos tres anos do último cónclave dos populares lucenses
O PPdeLugo celebrará o seu Congreso Provincial o día 2 de marzo en Burela
Lugo, 11 de xaneiro de 2013.- Jose Manuel Barreiro presidiu hoxe a Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Lugo, que tivo lugar esta tarde na cidade da Muralla e na que se acordou a data para a celebración do próximo Congreso Provincial: O conclave dos populares lucenses se celebrará o sábado 2 de marzo e o lugar escollido como emprazamento do futuro Congreso será a localidade mariñá de Burela.
“Tendo en conta que a cidade de Lugo será anfitrioa do Congreso autonómico, decidiuse trasladar, por primeira vez na historia, á cita provincial fóra da capital lucense”.
BALANCE DE ACTIVIDADE
José Manuel Barreiro quixo aproveitar a convocatoria para facer balance destes tres anos transcorridos desde a celebración do último Congreso provincial –aló por outubro de 2009- significando que este tempo significou en termos electorais un dos períodos nos que os populares teñen consolidado e ampliado o seu éxito electoral dos últimos anos.
“O PPdeLugo ampliou e consolidou a súa maioría social entre os lucenses e reforzou a estructura interna de partido” –asegurou Barreiro- quen salientou foron tres anos nos que gañaron en afiliación, en apoio electoral e impulsaron novas estruturas de participación e coordinación interna.
UN PARTIDO MÁIS FORTE
Desde o 2009 entorno a un millar de lucenses incorporáronse ao Partido Popular de Lugo, un dato que supón un incremento próximo ao 10% na afiliación total. “Cada día, destes tres últimos anos, sumamos un novo afiliado”-dixo Barreiro-, sumando máis de 12.000 no total da provincia, o que é síntoma de fortaleza interna e de compromiso da formación política que preside na defensa dos intereses desta provincia.
O presidente provincial significou que tanto a afiliación como o apoio electoral foi crecendo, a pesar de ser tempos de dificultade e de moitos sacrificios na acción de goberno, tamén como consecuencia das políticas de transparencia e rendición de contas que o Partido Popular de Lugo vén efectuando ante a cidadanía e ante o conxunto de afiliados. “Demos a cara. Saímos a rúa. Explicamos as medidas adoptadas e a situación. Contamos a verdade. E a xente iso o agradece e valora”- dixo Barreiro
Así por exemplo salientou a posta en marcha de diversas campañas explicativas ás que convidaron a representantes dos ámbitos social e empresarial da provincia. Tras acceder Rajoy á presidencia do Goberno o PP organizou os foros sobre a reforma laboral e o plan de provedores con empresarios e PEMES. Tamén organizou a campaña explicativa “a verdade das reformas” ou “Galicia en mellor posición”, así como xornadas específicas sobre o Decreto do plurilingüismo, a Lei de Augas, a Lei de Montes ou a Rede Natura, entre outras
Así mesmo, o partido buscou o contacto cos diferentes sectores dos que se recolleron tanto as súas demandas como se deu traslado das medidas que os gobernos populares levaron a cabo e lles afectaban directamente. Deste xeito o presidente provincial referiu a máis de 30 encontros, durante 2012, sobre Igualdade, educación, pensionistas, sanidade, servizos sociais e aos sectores agrogandeiro e pesqueiro. Aos citados, Barreiro sumou o máis de 25 actos organizados por Novas Xeracións.
A PROVINCIA CON MAIOR APOIO ELECTORAL DE GALICIA
En termos electorais os últimos tres anos deron tamén como resultado un apoio crecente. Comezando polas municipais de 2011 onde o PP conseguiu o 16º mellor resultado a nivel provincial de toda España, 5.364 votos máis que na cita electoral local anterior e a victoria en 50 concellos, o 75% do total da provincia, con maioría absoluta en 40.
Logo foi a quenda das eleccións xerais nos que o PP converteuse na cuarta provincia de España con maior porcentaxe de votos, acadou a máxima representación posible: 3 senadores e 3 deputados nacionais, un resultado histórico dos populares lucenses a nivel nacional.
E finalmente chegaron as autonómicas, onde o PP acodou un deputado máis e converteuse en referente a nivel galego. “O PPdeLugo obtivo o maior porcentaxe electoral de apoio do conxunto das provincias galegas (51,46%) – e tamén a nivel interno, pois novamente os votos obtidos polo PP superan en máis 18.000 sufraxios á suma de toda a oposición parlamentaria xunta (PSOE, BNG e AGE)”
Barreiro dixo que o Partido Popular está a esforzarse para dar unha resposta axeitada á confianza depositada polos lucenses e nesa liña lembraron que esta é a provincia que recibe un maior investimento tanto do Ministerio de Fomento como da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, ademais de multiplicar por dous o gasto medio por habitante con respecto ao que tiña previsto o bipartito no seu último orzamento.
TRANSPARENCIA, PARTICIPACIÓN E COORDINACIÓN
A nivel interno estes tres últimos anos desenvolveuse unha intensa actividade de cara ao fortalecemento do partido xa que “gañou en transparencia, participación e coordinación” gracias á posta en marcha, ente outros, dos comités de alcaldes e de voceiros locais, ou dos foros sobre Muller, Sanidade e ás xuntanzas comarcais con alcaldes e concelleiros. Creouse tamén a figura da interparlamentaria lucense nas que todos os deputados, senadores e cargos públicos do PP de Lugo con representación, coordinan acción e estratexia, así como prioridades en beneficio da provincia.
Así mesmo o fortalecemento do Partido a nivel provincial tamén pasou dende o último Congreso provincial celebrado, pola constitución e renovación de ata 41 comités locais e nove novas xestoras, abríndose novas sedes, como é o caso da provincial, e das de Burela, Monforte e Mondoñedo





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



