MILANS DEL BOSCH
Acaba de finar en Oviedo o que fora coronel do Exército José Joaquín Milans del Bosch, membro dunha familia de oito irmáns de longa tradición militar, que acadou prestixio e popularidade no noso contorno por razóns alleas á profesión das armas. Na xuventude, ingresado na Academia do Exército, realizou a primeira peregrinaxe a Compostela e quedou engaiolado pola experiencia, o que fixo del un apóstolo dos valores espirituais, humanos e culturais do feito xacobeo e, unha vez superada a etapa profesional, estableceuse na casa familiar de Abres, coñecida por Pividal, que fora Hospital de Peregrinos que gardaba moita información dende o s.XV; documentos que se afanou en estudar e analizar, o que fixo del un excepcional experto na materia. A milicia e o Camiño foron as súas grandes paixóns; pai de 12 fillos, 6 deles seguiron a carreira castrense. Entusiasta defensor e promotor do Camino Primixenio no tramo da catedral de San Salvador de Oviedo á tumba do Apóstolo, que no ano 814 percorrera o rei Alfonso II O Casto, que se ten polo primeiro peregrino. Entusiasta colaborador da Asoc. Abrindo Camino, implantada na Mariña e a Chaira luguesa, cuxa filosofía e obxetivos eran coincidentes, participaba de forma activa nas súas actividades e defendía a existencia oficial dun desvío por San Martiño cara a Mondoñedo no itinerario norteño do Camino. Pola súa actitude sempre colaboradora, dende a xenerosidade, Abrindo Camino xa o nomeara Socio de Honra e a Asoc. do Camino Norte (País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia) concedéralle o distingo de Presidente de Honor. El quixo sempre manterse en segundo plano, sendo persoeiro principal, e renunciou a honras e galardóns polos seus traballos pero non puido evitar que a Federación de Amigos do Camiño e Asoc.estranxeiras e Camiños de Europa o recoñeceran como un dos meirandes impulsores do Camino Norte Primixenio.
Sirvan estas modestas liñas de recoñecemento e homenaxe mínima de Abrindo Camino ao ilustre cabaleiro-peregrino.
Suso Fernández






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



