O SECTOR LEITEIRO GALEGO É DISCRIMINADO NA ASIGNACIÓN DE DEREITOS DE PAGAMENTO ÚNICO DA RESERVA
FRUGA denuncia que o criterio do reparto prexudica os intereses do conxunto do sector
Lugo, 15 de Xaneiro de 2013. O luns día 14 de xaneiro, publicouse no DOG a asignación
de dereitos de pagamento único da reserva estatal, no marco do programa de
reestruturación do sector lácteo. Lembremos que o pagamento único cumpre a misión de
contribuír á viabilidade das explotacións e á súa pervivencia no medio rural,
especialmente nas áreas nas que a produción leiteira é tradicional e ten moi poucas
alternativas.
O artigo 41,3 do Regulamento europeo (CE) n.º 73/2009 do Consello de 19 de xaneiro de
2009, permite aos Estados membros facer uso da reserva de pagamento único para
establecer, con amaño a criterios obxectivos e de tal xeito que se garanta a igualdade de
trato entre os labregos.
Pois ben, o criterio de asignación de dereitos de pagamento único da reserva no sector
que fixo o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente foi en función dun
principio que é inxusto e que marxina claramente ao sector leiteiro galego. O incremento
final que recibirán as granxas irá en función da cota que dispoña cada unha delas:
percibirán 4 euros por tonelada as granxas con cota entre 12.501 e 200.000 quilos, 5 €/Tn
as que teñan entre 200.001 e 305.000 quilos, 4.5€/Tn as que teñan entre 305.001 e
500.000 quilos aínda que só polos primeiros 305.000 quilos e finalmente 4€/Tn para as
que teñan máis de 500.000 quilos, neste caso tamén só para os primeiros 305.000 quilos.
O tamaño das granxas de leite no estado non é homoxéneo, a media de cota por
explotación no estado na última campaña leiteira rematada, segundo o último informe
anual de entregas publicado polo Ministerio de Agricultura, é de máis de 310.000 quilos,
namentras que segundo a Consellería do Medio Rural e do Mar, o cota que de media
teñen as explotacións de leite en Galiza é de pouco máis de 180.000 quilos.
Resumindo, a maioría das granxas galegas recibirán dereitos d e pagamento único por un
importe de 4 €/Tn, namentres que no resto do estado percibirán maiormente 5 ou 4,5
€/Tn.
Desde FRUGA non compartimos o criterio deste reparto, xa que, unha vez máis, o sector
leiteiro galego, con perto do 40% da produción e do 60% das explotacións, en lugar de ser
que liderara a toma de decisións en política leiteira continúa a ser sistematicamente
marxinada. A Xunta de Galiza, renuncia a liderar o sector lácteo do Estado Español.
En contra dos “compromisos” que a Xunta asegura ter en defensa do sector, evidencia
con feitos que non escoitou o berro dos produtores de das produtoras de leite deste País.
En lugar de aproveitar o que é unha oportunidade de favorecer os intereses das granxas
galegas, mira para outro lado e consinte, unha vez máis, que Galiza saia perxudidicada
nun novo reparto de fondos públicos, en definitiva, a Xunta non defende os intereses do
sector leiteiro galego.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



