DUELO NO LIDERADO, POR JAVIER PARDEIRO
As pupilas de Javier Pardeiro despedirán a excepcional primeira volta con duelo no liderado, antes de gozar da xornada de descanso. O xoves, 17, Atlético de Madrid Navalcarnero e o Burela FS Pescados Rubén saltarán á pista de La Estación ás 20.30 horas, empatados a 32 puntos, na loita polo cumio en solitario de Primeira.
– Como preparou e ultima o Burela FS a última cita antes de chegar ao ecuador?
– Despois de Roldán, o 23 de decembro, tivemos dúas semanas de descanso para recuperar as xogadoras; nese encontro xa estivemos sen Dany, que viaxou ao Brasil por trámites burocráticos, e necesitábamolo para volver con forza á competición. Retomamos os adestramentos o 7 de xaneiro; as xogadoras regresaron en perfectas condicións, pero ata esta semana non puidemos adestrar con certa normalidade, polas ausencias de Haydee e a propia Dany, ademais de Lidia e Lara, inmersas no nacional con Galicia Sub-23. Agora estamos forzando a máquina para chegar nas mellores condicións, agardando que Dany se reincorpore o antes posible, se é para Navalcarnero mellor.
– Que grao de relevancia ten a 14ª xornada para as aspiracións laranxas?
– É un partido moi importante, aínda que non definitivo porque queda moita liga por diante. Non obstante, non imos negar que tres puntos nos poden facer por primeira vez campioas de inverno, porémonos por diante do Atlético antes da xornada de descanso. Iso non só nos daría moral para comezar ben a segunda volta, senón que tamén nos outorgaría máis distancia co resto da táboa. Será un partido inesquecible, o Navalcarnero aínda non cedeu e nós tan só perdemos un encontro.
– Cal é o resultado que dá por bo o vestiario burelista?
– Coma sempre, nós sairemos a polos tres puntos, aínda que dado que o Navalcarnero é o favorito e que nós tampouco puidemos preparar o duelo nas mellores circunstancias, un empate tampouco sería desastroso.
– A que armas se enfrontará o xoves a escuadra mariñán en La Estación?
– A súa principal fortaleza é a tremenda calidade individual. É un conxunto repleto de internacionais e amplísimo; a última convocatoria de España tivo a cinco xogadoras, ademais de Ju Delgado co Brasil, e o resto se non estiveron xa foron en citas anteriores. Probablemente non baixe nin en calidade nin en intensidade coas rotacións durante os longuísimos corenta minutos. Temos que ser máis equipo ca nunca e non perder a concentración, porque en choques deste tipo se te descoidas tan só un par de minutos podéseche escapar o partido.
DUELO EN El LIDERATO, POR JAVIER PARDEIRO
Las pupilas de Javier Pardeiro despedirán la excepcional primera vuelta con duelo en el liderato, antes de disfrutar de la jornada de descanso. El jueves, 17, Atlético de Madrid Navalcarnero y el Burela FS Pescados Rubén saltarán a la pista de La Estación a las 20.30 horas, empatados a 32 puntos, en la lucha por la cumbre en solitario de Primera.
– ¿Cómo ha preparado y ultima el Burela FS la última cita antes de llegar al ecuador?
– Después de Roldán, el 23 de diciembre, tuvimos dos semanas de descanso para recuperar a las jugadoras; en ese encuentro ya estuvimos sin Dany, que viajó a Brasil por trámites burocráticos, y lo necesitábamos para volver con fuerza a la competición. Retomamos los entrenamientos el 7 de enero; las jugadoras regresaron en perfectas condiciones, pero hasta esta semana no hemos podido entrenar con cierta normalidad, por las ausencias de Haydee y la propia Dany, además de Lidia y Lara, inmersas en el nacional con Galicia Sub-23. Ahora estamos forzando la máquina para llegar en las mejores condiciones, esperando que Dany se reincorpore lo antes posible, si es para Navalcarnero mejor.
-¿Qué grado de importancia tiene a 14ª jornada para las aspiraciones naranjas?
– Es un partido muy importante, aunque no definitivo porque queda mucha liga por delante. No obstante, no vamos a negar que tres puntos nos pueden hacer por primera vez campeonas de invierno, nos pondremos por delante del Atlético antes de la jornada de descanso. Eso no sólo nos daría moral para comenzar bien la segunda vuelta, sino que también nos otorgaría más distancia con el resto de la tabla. Será un partido inolvidable, el Navalcarnero aun no ha cedido y nosotros tan sólo hemos perdido un encuentro.
– ¿Cuál es el resultado que da por bueno el vestiario burelista?
– Como siempre, nosotros saldremos a por los tres puntos, aunque dado que el Navalcarnero es el favorito y que nosotros tampoco hemos podido preparar el duelo en las mejores circunstancias, un empate tampoco sería desastroso.
– ¿A qué armas se enfrentará el jueves la escuadra mariñana en La Estación?
– Su fuerza es la tremenda calidad individual. Es un conjunto repleto de internacionales y amplísimo; la última convocatoria de España tuvo a cinco jugadoras, además de Ju Delgado con Brasil, y el resto si no estuvieron ya fueron en citas anteriores. Probablemente no baje ni en calidad ni en intensidad con las rotaciones durante los larguísimos cuarenta minutos. Tenemos que ser más equipo que nunca y no perder la concentración, porque en choques de este tipo si te descuidas tan sólo un par de minutos se te puede escapar el partido.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
