UNIFOZ, ten que denunciar a PARÁLISE a que ten sometido este Goberno do PP de Foz ao noso Pobo.
Dende o mes de outubro, que a concesionaria do bar do Centro Social comunicou a renuncia , este goberno no fixo os tramites oportunos para a súa posta en marcha, e isto da como resultado que os cidadáns en especial os maiores non podan dispor de este servizo.
Ao día de hoxe , seguen sen dar resposta a servizos que están de forma irregular como son:
-Mantemento de alumeado público.
-Atención a dependentes.
-Escolas deportivas.
Así mesmo, seguimos denunciando a precaria situación na que se encontrar o servizo de Axuda no Fogar, con unha sola persoa para atender a todos os veciños do Pobo con esta necesidade,, o único Concello que ten este servizo en estas circunstancias.
Tamén temos que facer mención ao abandono do mantemento da Casa da Cultura, por parte de este goberno que nin solicitou a axuda correspondente como si fixeron outros concellos, sendo algo que ben podía facer con medios propios, no que se refire a humidades e pintura.
Así mesmo, é difícil de entender a posición de este goberno, no que respecta a promoción turística do Pobo, como o demostra que na Festa do Berberecho a OFICINA DE TURISMO , estivera pechada todos os días.
Unifoz, tamén quere solidarizarse coas queixas dos veciños de Vilaxoane feitas públicas fai uns días, pois este fin de semana, quedaron outra vez sen alumeado público.
Queremos pedirlle a este goberno se preocupe menos das festas e algo máis do coidado do pobo , das instalacións, e atención os cidadáns.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



