REPRESENTANTES DO PROXECTO ‘A ALMA DA ARTESANÍA’ DA MARIÑA LUCENSE PRESÉNTARONLLE HOXE Á SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO OS RESULTADOS DESTA INICIATIVA PIONEIRA EN GALICIA
O grupo promotor desta colaboración público-privada está composto pola Mancomunidade da Mariña Lucense, os empresarios turísticos da zona e os colectivos de artesáns que actúan este xeodestino
Entre os resultados deste proxecto, que será presentado ao sector turístico a vindeira semana en Fitur, figura a creación de obradoiros de artesanía con grupos de traballo práctico dirixidos aos turistas e visitantes
Santiago, 24 de xaneiro de 2013.- A secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, acompañada da delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias e mais da responsable da Área de Feiras de Turgalicia, Gracia López, recibiu esta mañá en Santiago ao presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuentes; á representante do Grupo de Traballo de Artesáns da Mariña, Lucía Fernández Catuxo; e mais á representante do colectivo de empresarios turísticos da zona, Ana Fernández Guerreiro.
O obxectivo deste encontro foi presentarlle á secretaria xeral os resultados acadados coa iniciativa posta en marcha por este colectivo que aglutina a entes públicos e a representantes do sector privado, como os empresarios turísticos e o colectivo de artesáns da zona. Neste senso, o proxecto, que leva por título A alma da Artesanía. A Mariña Lucense resulta ser pioneiro na nosa comunidade no tocante ao traballo conxunto e á colaboración público-privada nunha iniciativa de dinamización e desenvolvemento turístico e industrial deste xeodestino lucense.
Segundo explicaron os responsables do mesmo, o proxecto consiste na creación dun produto turístico conformado en base aos produtos e obradoiros artesanais máis característicos da Mariña Lucense, de xeito que os visitantes coñeza, interactúen e disfruten do proceso produtivo artesanal e da cultura local. Involucra a 16 municipios, 24 artesáns e 9 casas de turismo rural.
Entre os resultados obtidos figuran a creación dun catálogo das rutas da artesanía, un mapa de situación dos artesáns na Mariña Lucense; a creación dunha web que contén 9 vídeos documentais de artesáns ou a creación dun espazo web de comercialización e o deseño de seis paquetes de un día e de dous de fin de semana.
Outra das iniciativas innovadoras incluídas no proxecto que hoxe lle presentaron a Nava Castro e que xurdiu dentro de A Alma da Artesanía figura a organización de obradoiros e grupos de traballo prácticos dirixidos a turistas e viaxeiros para que estes poidan experimentar en primeira persoa o singular proceso creativo.
O proxecto A alma da Artesanía será presentado na vindeira edición de Fitur, a Feira de Turismo de Madrid, que se celebrará na capital de España entre os días 30 de xaneiro e 3 de febreiro.
Está previsto que o proxecto sexa presentado en breve na Mariña Lucense pola secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro.
























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



