A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo oferta varios cursos para febreiro. Durante o mes de febreiro no telecentro de Ribadeo impartiranse tres cursos. O primeiro deles comezará na vindeira semana e será de iniciación. Co nome de Busca de información na rede, terá lugar os días 4, 5 e 6 de febreiro, en horario de 18 a 20 horas da tarde. Xa a mediados de mes impartirase outro curso sobre O correo electrónico. Será os días 18, 19 e 20, e tamén en horario de 18 a 20 horas. E para rematar o mes os días 25, 26 e 27 de febreiro impartirase un curso sobre Redes Sociais (Facebook), tamén co mesmo horario. Ofértanse 9 prazas por curso. Os interesados en acudir a estes cursos e en obter máis información poden chamar ao 982 120 732 ou pasar polo propio telecentro, en horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres e tamén polas tardes, de 16 a 20 horas de luns a xoves.



















Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



